Nacemento:
Morte:
Músico, 21 anos. Veciño de Parada. Tocaba o clarinete.
Fuxido. Paseado.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito auxilio á rebelión, na causa 1004/36 contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
A sentenza condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a: Antonio Gómez Núñez e a Victorino Novo Fernández; a 12 anos a: Vicente-Manuel Expósito Estévez e Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández. O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.
Estaba marcado pola estrema dereita por asistir a un mitin de Acción Republicana, onde auxiliara a un ferido dun tiro.
Catro falanxistas buscárono na súa casa de noite, cando volvera para desfrutar dun permiso desde a fronte de guerra. Aqueles asasinos non ían á guerra e adicábanse a percorrer o Courel matando, roubando, acosando... mentres os mozos e os casados loitaban nas trincheiras.
Morte rexistrada en Parada por mor dunha hemorraxia pulmonar.
Soterrárono nunha fosa común en Seoane do Courel.
Os falanxistas implicados no seu asasinato foron Jesús Docampo Rivada, xefe das milicias locais de Falanxe no Courel, que foi quen deu a orde de pasealo por adicarse a boicotear o Movimiento e facer escarnio dos falanxistas. Os autores materiais serían Otilio Valín Marcos, Luis Parada López e Emilio Aira Aira, que se xustificaron alegando un intento de fuga cando o levaran ao monte, despois de sacalo da súa casa, seica na procura de armas. Todos eles rematarían procesados na causa 1216/36.
Uxío Novo Neira adicoulle un poema.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.