← Volver atrás

Rodríguez Valcárcel, Manuel

Alcume: o Cabude
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Incio
(Lugo)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 38 anos. Solteiro. Veciño de Cabude, Santa María de Foilebar, O Incio.

Vogal de Esquerda Republicana (ER) no Incio no ano 1935. Presidente fundacional da Sociedade de Labregos de Foilebar. Presidente da Confederación Local de Sociedades de Labregos e dos comités republicanos.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 27/04/1939.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito auxilio á rebelión e rebelión militar, na causa 1004/36, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Proceso contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio.

A sentenza condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a: Antonio Gómez Núñez e Victorino Novo Fernández; a 12 anos a: Vicente-Manuel Expósito Estévez e Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández.

O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.

Trasladado á cadea de Sevilla o día 09/03/1940.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Interno nas Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas (Sevilla), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 129 do día 09/05/1941.

Outras fontes indican que o condenaron a seis anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha