← Volver atrás

Núñez Rodríguez, Jesús

Alcume: Xil, o Coxo de Meiraos
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

A Habana
(Cuba)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 13/05/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Zapateiro, 25 anos. Solteiro. Veciño de Santa María de Meiraos, Folgoso do Courel (Lugo).

Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1004/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio.

A sentenza condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a: Antonio Gómez Núñez e Victorino Novo Fernández; a 12 anos a: Vicente-Manuel Expósito Estévez e Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández.

O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.

Xulgado en Lugo polos delitos de rebelión, atraco e o asasinato de Serafín Rivera Simón, na causa 104/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a Mavilo Sotuela Vila, logo conmutada pola de cadea perpetua; condenaron a 20 anos a Manuel Arias Fernández e a prisión temporal a Jesús Santín López. O auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, José-María Díaz Marzábal, Jesús Núñez Rodríguez e Amador Santín López.

Os franquistas ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 06/05/1938.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar e roubo, na causa 853/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 10/10/1937.

Condenaron a cadea perpetua a: Antonio Álvarez Núñez, Lisardo Jato Campo, José Méndez Fernández, Jesús Núñez Rodríguez, Dositeo Raposo Carrete, Eduardo Santín Raposo e José Valle Rodríguez; 20 anos de cadea para: Valentín López Fernández e Eliseo López Méndez; a Ricardo Santín Fernández castigárono a prisión e a María Lolo Valle absolvérona.

Morte rexistrada no Hospital Provincial de Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.