← Volver atrás

Gómez Núñez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Lugo
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 36 anos. Casado. Veciño de Folgoso do Courel.

Vicepresidente de Unión Republicana (UR). No ano 1936 foi 1º tenente de alcalde de Folgoso do Courel por UR na coalición da Fronte Popular (FP).

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 05/05/1938.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 1004/36, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Proceso contra varios veciños de Folgoso do Courel e do Incio.

O tribunal condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a: Antonio Gómez Núñez e Victorino Novo Fernández; a 12 anos a: Vicente-Manuel Expósito Estévez e Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández. O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 157 do día 06/06/1943.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha