← Volver atrás

Jato Campo, Lisardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Xoán de Seoane do Courel, Folgoso do Courel
(Lugo)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Zapateiro, 30 anos. Solteiro. Veciño de Seoane do Courel.

Concelleiro de Folgoso do Courel pola Unión Republicana (UR).

Fuxido. Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito auxilio á rebelión, na causa 1004/36 contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

A sentenza condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a: Antonio Gómez Núñez e Victorino Novo Fernández; a 12 anos a: Vicente-Manuel Expósito Estévez e Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández. O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 06/05/1938.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 853/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ditáronse os seguintes castigos de penas de cadea perpetua para: Antonio Álvarez Núñez, Lisardo Jato Campo, José Méndez Fernández, Jesús Núñez Rodríguez, Dositeo Raposo Carrete, Eduardo Santín Raposo e José Valle Rodríguez; 20 anos de cadea para: Valentín López Fernández e Eliseo López Méndez; a Ricardo Santín Fernández castigárono a prisión e a María Lolo Valle absolvérona.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Concédeselle a prisión atenuada o día 21/06/1941.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 198 do día 17/07/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha