Nacemento:
Morte:
Labrego e carpinteiro, 29 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños de San Xoán de Seoane do Courel, Folgoso do Courel (Lugo).
Secretario de Esquerda Republicana (ER) de Seoane do Courel no ano 1935 e concelleiro de Folgoso do Courel en 1936 pola ER, dentro da coalición da Fronte Popular (FP).
Encarcerado.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 05/05/1938.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito auxilio á rebelión, na causa 1004/36, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Proceso contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio.
A sentenza condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a: Antonio Gómez Núñez e Victorino Novo Fernández; a 12 anos a: Vicente-Manuel Expósito Estévez e Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández. O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.
Trasladárono á Prisión Penitenciaria de Figueres (Xirona) o día 12/03/1942.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.