Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 36 anos. Casou en Tui en 1925 con Carmen Santolalla Iglesias, despois exiliada en Chile en 1939; tiveron un filla e dous fillos: Fernanda, Joaquín e Manuel. Veciños do Porriño (Pontevedra). Oficial de Correos en Tui, despois en Vigo (Pontevedra) e, en 1932, administrador de Correos no Porriño (Pontevedra).
En 1932 elixírono presidente da Agrupación Socialista (AS) do Porriño. Participou no Comité de esquerdas da Fronte Popular (FP) do día 27/01/1936 e elixírono secretario.
Executado. Depurado.
O día 18/07/1936 organízase a resistencia no Porriño fronte aos golpistas, que dirixen entre outras persoas Joaquín Alonso Granados e o carabineiro Francisco Moreno. Presentáronse no cuartel da Garda Civil para requisar armas, pero negáronllas e, con posterioridade, voaron a ponte entre Redondela e o Porriño. Forzas rebeldes de Artillería procedentes de Pontevedra fixéronse co pobo o 21 de xullo e as persoas das esquerdas tiveron que renderse. Prendérono os golpistas.
Morte rexistrada na Volta da Moura a causa de “encuentro con las tropas del ejercito”. Con el asasinaron, entre outras persoas, a José Fernández Miniño.
Ábreselle un expediente de depuración en febreiro de 1937 co resultado de separación definitiva do servizo e dado de baixa no Corpo de Correos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.