Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 42 anos. Casado con Consolación Pereiro Trelles; tiveron catro fillos e unha filla: Antonio, Carmen, José, Jesús e Enrique. Veciños do Porriño. Irmán de Eduardo Fernández Miniño, paseado polos fascistas; Rogelio Fernández Miniño, tamén paseado, de Antonio Fernández Miniño, agochado e encarcerado, de Carmen Fernández Miniño e Saladina Fernández Miniño, as dúas encarceradas.
José era, segundo fontes familiares, era zapateiro e zoqueiro no Porriño e abriu, ademais, un pequeno almacén de curtidos, en Tui en 1934, para subministrar a outros zapateiros da comarca da Louriña pontevedresa. As mesmas fontes sinalan que era anarquista (da FAI ou da CNT).
Formou parte da Comisión Agraria-Obreira. Algúns dos seus irmáns eran do PCE. Tamén mantivo relación co Centro de Estudos Sociais e Científicos do Porriño.
Paseado. Depurado.
Despois do golpe de Estado prendérono e sometérono a un proceso militar. Ingresárono na cadea de Tui, de onde o sacaron para asasinalo.
Morte rexistrada na Volta da Moura a causa de “encuentro con las tropas del Ejército”. Con el tamén asasinaron a Joaquín Alonso Granados.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.