← Volver atrás

Fernández Miniño, Eduardo

Alcume: Eduardo dos Tutes
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

O Porriño
(Pontevedra)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

As Insuas, Santalla de Atios, O Porriño
- 09/08/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico e político, 38 anos. Casado con Eugenia Rodríguez Sequeiros; tiveron dous fillos e unha filla: Antonio, Herminia e Santiago. Veciños do Porriño. Irmán de Antonio Fernández Miniño, encarcerado; Rogelio Fernández Miniño, paseado; José Fernández Miniño, paseado; Carmen Fernández Miniño, encarcerada e Saladina Fernández Miniño, encarcerada.

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja nomeárono concelleiro suplente do Porriño en decembro de 1927. Militou no PSOE e, durante a II República, pasouse ao PCE. Nas eleccións de febreiro de 1936 elixírono concelleiro pola Fronte Popular (FP) e, como comunista, foi vogal do Comité Local pro-Autonomía.

Fuxido. Paseado.

Cando se produce o golpe de Estado foxe e agóchase na casa da súa nai co seu irmán Rogelio.

Xulgado en causa militar e declarado fuxido e en rebeldía.

Permaneceron agochados nun zulo na casa materna sen que os descubriran a pesares dos intensos rexistros da Garda Civil e dos falanxistas. Para tentar descubrilos prenderon ás súas irmás Carmen e Saladina, á súa dona Eugenia, e á muller de Rogelio, Alsira Rodríguez Covelo, a primeiros de 1937.

Os entobados ao quedar só atendidos pola súa nai, xa maior, decidiron abandonar o zulo e marchar a Tui (Pontevedra), agochándose na casa de Evangelina Jaso González; con eles agochouse o sobriño de Eduardo, Herminio Saavedra.

Sospeitando de Evangelina, un día da Semana Santa de 1937 ao amencer, os falanxistas rodearon a casa e os agochados tentaron fuxir cara Tui por separado. Eduardo e Rodrigo conseguírono; a Evangelina e a Herminio prendéronos.

Aos tres días Rogelio reuníase con Eduardo na casa de Couso, San Xulián de Guláns, Ponteareas (Pontevedra), pasando logo a agocharse na capela de San Cibrao case que un mes; despois marcharon ao monte Faro, onde a súa irmá Carmen lles achegaba a comida.

Os falanxistas prendéronos aos dous en Salceda de Caselas (Pontevedra) cando tentaban pasar a Portugal e paseáronos na Insua.

Morte rexistrada ás 11:00 h na Insua a causa de hemorraxia interna traumática.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.