Nacemento:
Morte:
Mecánico e político, 33 anos. Casado con Alsira Rodríguez Covelo; tiveron tres fillos: Álvaro, Germán e Rogelio. Veciños do Porriño. Irmán de Antonio Fernández Miniño, encarcerado; Eduardo Fernández Miniño, paseado; José Fernández Miniño, paseado; Carmen Fernández Miniño, encarcerada e Saladina Fernández Miniño, encarcerada.
Libertario.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce o golpe de Estado foxe e agóchase na casa da súa nai co seu irmán Eduardo.
Xulgado en causa militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Permaneceron agochados nun zulo na casa materna sen que os descubriran a pesares dos intensos rexistros da Garda Civil e dos falanxistas. Para tentar descubrilos prenderon ás súas irmás Carmen e Saladina, á súa dona Alsira, e á muller de Eduardo, Eugenia Rodríguez Sequeiros, a primeiros de 1937.
Os entobados ao quedar só atendidos pola súa nai, xa maior, decidiron abandonar o zulo e marchar a Tui (Pontevedra), agochándose na casa de Evangelina Jaso González; con eles agochouse o sobriño de Eduardo, Herminio Saavedra.
Sospeitando de Evangelina, un día da Semana Santa de 1937 ao amencer, os falanxistas rodearon a casa e os agochados tentaron fuxir. Eduardo e Rodrigo conseguírono; a Evangelina e a Herminio detivéronos.
Aos tres días Rogelio reuníase con Eduardo na casa de Couso, San Xulián de Guláns, Ponteareas (Pontevedra), pasando logo a agocharse na capela de San Cibrao case que un mes; despois marcharon ao monte Faro, onde a súa irmá Carmen lles achegaba a comida.
Os falanxistas prendéronos aos dous en Salceda de Caselas (Pontevedra) cando tentaban pasar a Portugal e paseáronos na Insua.
Morte rexistrada ás 11:00 h na Insua por mor dunha hemorraxia interna traumática.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.