Nacemento:
Morte:
Militar, 60 anos (cando morre). Ingresou no Exército moi novo e participou nas campañas de, Cuba, Filipinas e Marrocos, acadando o grao de xeneral. Pai de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, logo líder de Falanxe Española (FE) e de Miguel Primo de Rivera Sáenz de Heredia.
Golpista.
O día 13/09/1923 encabezou un golpe de Estado que contou co visto e prace de Alfonso XIII. Dentro do Goberno so atopou a oposición de Manuel Portela Valladares e do almirante Juan Bautista Aznar-Cabañas, mentres o resto do gabinete mantivo una actitude de titubeo. Entre os seus colaboradores no golpe contou con Eduardo López de Ochoa Portuondo. O rei, que se achaba en Donostia (Guipúscoa), volveu a Madrid e, nunha reunión co presidente do executivo Manuel García Prieto, non lle prestou o seu apoiou cando García Prieto lle propuxera convocar as Cortes e destituír aos militares rebeldes. O pronunciamento tamén foi ben acollido pola ala maurista, os partidos non dinásticos, os medios de opinión, as organizacións patronais e, incluso, por boa parte da cidadanía.
En 1923 estendeu o Somatén (corpo para-policial), milicia tradicional catalá, a toda España. Buscou a anulación da anarquista CNT aumentado a represión sobre ela e conseguiu atraer ao seu bando ao PSOE e á UXT, as que lideraba Julián Besteiro Fernández. Tamén perseguiu ao PCE que naqueles intres tiña unha relevancia moi limitada.
A ideoloxía liberal e republicana do xeneral Miguel Cabanellas Ferrer levárono a enfrontarse co ditador, polo que en 1926 a Cabanellas cesárono no seu emprego de gobernador militar de Mallorca e pasárono á reserva
José Calvo Sotelo desenvolveu o cargo de ministro de Facenda de decembro de 1925 ata febreiro de 1930, no decorrer da ditadura de Primo de Rivera. Nesta etapa o Goberno de Primo de Rivera apoiou a Juan March Ordinas para que no ano 1926 fundara a Banca March.
Coa colaboración de Francia e despois do desembarco conxunto en Alhucemas o Protectorado de Marrocos sería pacificado en 1927 e sería nomeado José Sanjurjo Sacanell como Alto Comisionado.
Despois de que se tivera apoiado nos catalanistas para dar o golpe de Estado, deu comezo a unha fase de política anticatalanista e de persecución do idioma catalán e o día 12/03/1925 aboliu a Mancomunidade de Cataluña.
Despois do Directorio Militar (1923-1925), pasou ao Directorio Civil (1925-1930) e en 1927 creou a Asemblea Nacional Consultiva. Consumou o achegamento coa Italia fascista de Mussolini. A boa situación económica dos "felices veinte" inclinouno cara o intervencionismo económico e fundou a Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA) e a Compañía Telefónica Nacional de España. En 1928 a peseta entra nunha fase de depreciación e a mellora económica esfumouse.
En xaneiro de 1929 houbo un intento de rebelión e aos líderes absolvéronos, o que supoñía "una condena de muerte de la dictadura".
Cando comezou a aumentar a súa impopularidade, presentou a dimisión o día 28/01/1930, despois de perder o apoio da monarquía e do Exército (agás José Sanjurjo). Trasladouse a París onde morreu pouco despois.
Sucedeuno a "Dictablanda" de Dámaso Berenguer Fusté, co que se pretendía volver á normalidade constitucional previa ao ano 1923.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.