Nacemento:
Morte:
Militar e político, 62 anos. Casou en febreiro de 1899 con Ana Elizalde. No ano 1889 ingresou na Academia Xeral Militar. Participou nas campañas de África. En 1918 era xeneral de división. Ministro de Guerra en 1918. En 1919 nomeárono alto comisario de España en Marrocos. Despois do Desastre de Annual (Marrocos) de 1921, procesárono e separárono do servizo por neglixencia. Rehabilitado en setembro de 1923 durante o Directorio Militar de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e, pouco máis tarde, ascendérono a tenente xeneral. En 1924 era o xefe da Casa Militar do rei.
En xaneiro de 1930, cando dimite Primo de Rivera, Alfonso XIII encargoulle a formación de Goberno e a normalización da vida constitucional, na que se coñeceu como a "Dictablanda". Promete a celebración de eleccións, ás que se opoñen os partidos tradicionalistas pois mantíñanse desorganizados despois da ditadura. Prodúcese un incremento nos desordes públicos e os partidos republicanos reúnense en agosto no Pacto de San Sebastián para reivindicar a República.
Prodúcese a Sublevación de Jaca e outros altercados e Berenguer convoca eleccións, convocatoria que non se lle admitiu, polo que o seu goberno dimite en bloque o día 14/02/1931.
O rei move un montón de fichas para buscar presidente e, finalmente, o almirante Juan Bautista Aznar-Cabañas preside un Goberno de concentración monárquica, no que Berenguer Fusté asume a carteira de Guerra.
Despois das eleccións municipais do día 12/04/1931, a vitoria dos republicanos en case que todas as grandes cidades conduce a abdicación do rei e a proclamación da II República o día 14/04/1931. A Berenguer encadeárono as autoridades republicanas, sendo o último preso do Alcázar de Segovia. Amnistiado en 1934, no "Bienio radical-cedista", e desde entón arredado da vida política.
A súa participación no golpe de Estado de xullo de 1936 foi irrelevante.
Finou por mor dunha trombose en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.