Nacemento:
Morte:
Militar e político, 73 anos cando finou. Veciño da rúa Serrano, 28, Madrid. Veterano das campañas de Cuba e Marrocos. Almirante. No ano 1928 era o capitán xeneral da Armada Española.
Opúxose ao golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.
En febreiro de 1931 propugnárono para substituír, por dimisión do día 14/02/1931, ao xeneral Dámaso Berenguer Fusté como xefe do que sería o último Goberno da monarquía de Alfonso XIII, cargo que asumiu e no que permaneceu ata a proclamación da II República.
Presidiu un Goberno de concentración monárquica no que Dámaso Berenguer Fusté asumiu a carteira de Guerra. Neste Goberno o ex-presidente Manuel García Prieto ocupou a carteira de Xustiza e Culto.
Despois das eleccións municipais do día 12/04/1931, había ministros do seu Goberno que querían resistirse a creación da República e falaban incluso de recorrer, para evitalo, á Garda Civil. O xeneral Jose Sanjurjo Sacanell, ao mando desta institución, coñecendo os resultados electorais negouse a tal pretensión.
Alfonso XIII abandonou España por decisión propia e o día 14/04/1931 proclamouse a II República.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.