← Volver atrás

Sanjurjo Sacanell, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Pamplona
(Navarra)
- 28/03/1972 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Estoril
(Portugal)
- 20/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 64 anos. En 1921 substituíu como comandante xeral de Melilla ao xeneral José Cavalcanti de Alburquerque Padierna. Ocupou altos cargos durante a monarquía de Alfonso XIII, a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e os primeiros anos dos gobernos da II República.

Cando o último presidente de Goberno da monarquía de Alfonso XIII, Juan Bautista Aznar-Cabañas, comprobou que os republicanos venceran nas eleccións municipais do 12/04/1931, membros do seu executivo propugnaban no permitir o acceso a proclamación da II República e instaban o emprego da Garda Civil para opoñerse. José Sanjurjo era entón o xefe da benemérita e opúxose a tal pretensión.

Despois da proclamación da II República, Francisco Franco Bahamonde tivo a tentación de intervir en Madrid, cos cadetes, na defensa de Alfonso XIII, pero José Millán-Astray Terreros fíxolle chegar unha confidencia do xeneral Sanjurjo, na que lle indicaba que non se contaba cos apoios suficientes.

Niceto Alcalá-Zamora Torres, que contaba co apoio popular e coa Garda Civil, que mandaba o xeneral José Sanjurjo, converteuse no presidente do Goberno provisorio e proclamou a II República o día 14/04/1931. Chegaron a ser consogros.

Coa proclamación da II República a Miguel Cabanellas Ferrer, polo seu apoio á causa republicana, o Goberno provisorio nomeouno capitán xeneral da II Rexión Militar (Andalucía). E no ano 1932 substituíu a Sanjurjo á fronte da Garda Civil.

Golpista.

Despois distanciouse dos republicanos e foi o artífice dun errado intento de golpe de Estado en agosto de 1932, a popularmente coñecida como "Sanjurjada" e na que, entre outras persoas, contaba co apoio de José Calvo Sotelo; do xeneral Manuel Goded Llopis, a quen retiraron da actividade militar; do xeneral Manuel González Carrasco, que debía facerse con Granada e non se moveu; do xeneral Luis Orgaz Yoldi; do xeneral José-Enrique Varela Iglesias, quen estaría a cargo da sublevación en Cádiz e ao que prenderon, e do xeneral Miguel García de la Herrán Martínez. Amigo persoal do xeneral Enrique Salcedo Molinuevo, quen non participou na "Sanjurjada" de agosto de 1932; tampouco o apoiou Francisco Franco Bahamonde. Pénsase que Alejandro Lerroux García estaba ao tanto desta trama rebelde.

A José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia detivérono como sospeitoso de colaboración neste intento de golpe de Estado. José-Antonio saíu absolto e sen cargos.

Tamén se implicou nesta tentativa outro líder de FE e das XONS, Onésimo Redondo Ortega, quen despois do fracaso fuxiu a Portugal.

Detido e encarcerado, finalmente, conmutáronlle a pena de morte; durante os gobernos do segundo bienio republicano logrou a excarceración, contra o parecer do entón ministro da Gobernación Santiago Casares Quiroga, e exiliouse en Portugal.

No ano 1936 sería un dos militares implicados no golpe de Estado e tíñase previsto que fora o comandante en xefe do bando sublevado ao inicio da rebelión.

O día 20 de xullo, cando ía tomar un avión desde Estoril (Portugal) para trasladarse á zona rebelde e tomar o mando da sedición, sufriu un accidente na manobra de despegue e rematou morto.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.