← Volver atrás

Varela Iglesias, José-Enrique

Alcume: Varelita
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

San Fernando
(Cádiz)
- 17/04/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tánxer
(Marrocos)
- 24/03/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 45 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo xa co grao de sarxento e en 1915 era alférez. Veterano das guerras de África, onde ascende a capitán por méritos de guerra, a tenente coronel en 1926 e, en febreiro de 1929, ascendérono a coronel tamén por méritos de guerra.

Golpista.

En agosto de 1932 tomou parte no intento de golpe de José Sanjurjo Sacanell, a "Sanjurjada". Era o destinado para dirixir a sublevación en Cádiz; fracasou e arrestárono. No cárcere uniuse ao carlismo.

Cando sae en liberdade negouse a encabezar unha revolución carlista, pero adicouse a formar ás milicias requetés. Na primavera de 1936 o requeté contaba cuns 30.000 voluntarios.

O día 31/10/1935, sendo ministro da Guerra José-María Gil-Robles Quiñones e o xeneral Francisco Franco Bahamonde o xefe do Estado Maior Central do Exército, ascendérono a xeneral de brigada. Mantiña contacto coa Unión Militar Española (UME) e participou en varias conspiracións contra a República.

O día 08/03/1936 participa na reunión conspiradora da rúa Xeneral Arrando, 19, en Madrid, domicilio do deputado da CEDA, José Delgado Hernández de Tejada. Nesta reunión estiveron: Francisco Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Emilio Mola Vidal, Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi, Ángel Rodríguez del Barrio, Andrés Saliquet Zumeta, Miguel García de la Herrán Martínez, Manuel González Carrasco, Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, o coronel José-Enrique Varela Iglesias e o tenente coronel Valentín Galarza Morante, pola UME. Falaron de que era imprescindible dar un golpe de Estado, que José Sanjurjo era o líder máis adecuado e o 20 de abril o día do pronunciamento. O día 20/04/1936 non houbo ningún movemento nos cuarteis. Co xeneral Ángel Rodríguez del Barrio era o encargado de tomar o Ministerio da Guerra en Madrid previsto para o día 20/04/1936 que, finalmente, abortouse.

O Goberno republicano decatouse do suficiente como para desterrar a Varela Iglesias a Cádiz e confinar a Orgaz en Canarias. Franco non contrae compromisos firmes naquela reunión.

En maio o director xeral de Seguridade, José Alonso Mallol, entregoulle a Santiago Casares Quiroga e a Manuel Azaña Díaz unha listaxe de 500 implicados na conspiración. O día 16/07/1936 varios membros da Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA), indicáronlle a inminencia da sublevación e solicitan a destitución dos xenerais Manuel Goded Llopis, Francisco Franco Bahamonde, Joaquín Fanjul Goñi, Emilio Mola Vidal ou José-Enrique Varela Iglesias, así como outros sospeitosos; incluso un grupo nacionalista marroquí o advertiu. Casares seguiu sen facer nada; nunha ocasión dixo do xeneral Emilio Mola (cerebro da sublevación) que era “un general leal a la República”.

O día 17 de xullo de 1936 prodúcese o alzamento na guarnición militar de Melilla e Varela con forzas procedentes de Marrocos ocupou Cádiz o día 18, levando a cabo unha dura represión con miles de mortos "en Cádiz no dejamos un republicano ni nadie que huela a izquierda con vida". Logo participou coa súa columna na toma doutras cidades andaluzas (Granada, Córdoba) e en innumerables batallas defendendo aos sediciosos.

No camiño de Andalucía cara a toma e Madrid, souberon que ao coronel José Moscardó Ituarte asediábano no Alcázar de Toledo as forzas republicanas. O asedio durou ata que os liberou o Exército de África que mandaba o xeneral Varela Iglesias. O xeneral Francisco Franco Bahamonde adiara o avance sobre Madrid para liberar o Alcázar. Varela tamén loitou na fronte de Madrid e diante do fracaso na toma da capital, encomendáronlle outros mandos. Participou nos enfrontamentos do Jarama, Brunete, Teruel, Aragón e Levante. Finalizou a contenda como xeneral de división.

Nomeado ministro da Guerra no primeiro executivo de Franco.

Os ingleses subornárono para que actuar diante do Caudillo e o convencese para que España non entrara na II Guerra Mundial. Estivo enfrontado cos falanxistas e pediu a Franco a dimisión co ministro do Exército.

Ao remate da II Guerra Mundial, con outros xenerais, pediulle a Francisco Franco que era o momento de establecer en España un réxime monárquico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.