Nacemento:
Morte:
Aristócrata, terratenente e militar, 54 anos. Tenente xeral do exército.
No ano 1931, coa proclamación da II República, acolleuse á Lei Azaña e solicitou o retiro.
En agosto de 1932 participou no intento de golpe de Estado de José Sanjurjo Sacanell e, despois do fracaso, fuxiu a Portugal.
Golpista.
O día 08/03/1936 participa na reunión conspiradora da rúa Xeneral Arrando, 19, en Madrid, domicilio do deputado da CEDA, José Delgado Hernández de Tejada.
Nesta reunión estaban: Francisco Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Emilio Mola Vidal, Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi, Ángel Rodríguez del Barrio, Andrés Saliquet Zumeta, Miguel García de la Herrán Martínez, Manuel González Carrasco, Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, o coronel José-Enrique Varela Iglesias e o tenente coronel Valentín Galarza Morante, pola Unión Militar Española (UME). Falaron de que era imprescindible dar un golpe de Estado, que José Sanjurjo era o líder máis adecuado e o 20 de abril o día do pronunciamento. O día 20/04/1936 non houbo ningún movemento nos cuarteis. O Goberno republicano decatouse do suficiente como para encarcerar a Varela Iglesias e confinar a Orgaz en Canarias. Franco non contrae compromisos firmes naquela reunión.
Ao comezar a guerra Nicolás Molero Lobo era xeneral de división e dirixía a VII División Orgánica, con sede en Valladolid. Na noite do 18 de xullo, os militares rebeldes dirixidos polos xenerais Andrés Saliquet Zumeta e Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, fixéronse co control das forzas militares despois de arrestar a Molero Lobo na madrugada do día 19, xa que, fiel á República, negárase a unirse aos sublevados. No tiroteo, que se produciu no seu arresto, ferírono; os seus axudantes, os comandantes Ángel Liberal Travieso e Ruperto Rioboo Llobera, feridos e mortos días despois.
Durante a guerra foi xefe da 5ª División de Infantería e, despois, comandante xefe do I Corpo de Exército e do V Corpo de Exército dos sublevados.
Procurador das Cortes franquistas de 1943 a 1949 e presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar.
Favorable á restauración monárquica, sería un dos asinantes do “Manifiesto de los Veintisiete”, que propugnaba a instauración de Don Juan de Borbón.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.