← Volver atrás

Liberal Travieso, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

San Juan de Puerto Rico
- 27/03/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valladolid
- 20/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 45 anos. Casou o 20/04/1918 en Barcelona con María de la Concepción Lucini Blanich; tiveron dúas fillas dous fillos: María de la Concepción, Ángel, María-Gloria e Eduardo. Loitou nas campañas de África. Comandante da arma de Infantería con destino na VII División Orgánica, en Valladolid, desde novembro de 1931.

Morte en enfrontamento.

Ao comezar a guerra civil Nicolás Molero Lobo era xeneral de división e dirixía a VII División Orgánica e Ángel Liberal era o seu axudante de campo.

Na noite do 18 de xullo os militares rebeldes, dirixidos polos xenerais Andrés Saliquet Zumeta e Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, fixéronse co control das forzas militares despois de arrestar a Molero Lobo na madrugada do día 19, xa que este, fiel á República, negárase a unirse aos sublevados. No tiroteo, que se produciu no seu despacho na Capitanía Xeral no devir do seu arresto, ferírono; aos seus axudantes, os comandantes Ángel Liberal Travieso e Ruperto Rioboo Llobera, tamén os feriron os golpistas e morreron días despois no Hospital Militar de Valladolid.

As testemuñas franquistas afirmaron que era partidario do movemento golpista e que non se decantara por mor do seu cargo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha