← Volver atrás

Orgaz Yoldi, Luis

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Vitoria
(Araba)
- 28/05/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 31/01/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 55 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1898. Veterano da Guerra de Marrocos co grao de coronel. Compañeiro de faladoiro habitual de Francisco Franco Bahamonde no círculo social Gran Peña en Madrid.

Nada máis proclamarse a II República en 1931 participou nas primeiras reunións conspiradoras contra do réxime democrático. A súa pretensión era dar un golpe en breve prazo, para o que mantivo xuntanzas coa dereita conservadora e católica e con outros grupos. Manuel Azaña Díaz coñecía os rumores dun inminente golpe monárquico no que se implicaran, entre outras persoas: Orgaz e Franco. A Luis Orgaz prendérono e confinárono nas Illas Canarias o día 16/09/1931 con outros implicados. No ano seguinte, confinárono de novo nas Canarias por participar na rebelión de José Sanjurjo Sacanell, a "Sanjurjada".

Golpista.

O día 08/03/1936 participa na reunión conspiradora da rúa Xeneral Arrando, 19, en Madrid, domicilio do deputado da CEDA José Delgado Hernández de Tejada. A esta reunión concorreron: Francisco Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Emilio Mola Vidal, Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi, Ángel Rodríguez del Barrio, Andrés Saliquet Zumeta, Miguel García de la Herrán Martínez, Manuel González Carrasco, Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, o coronel José-Enrique Varela Iglesias e o tenente coronel Valentín Galarza Morante, pola Unión Militar Española (UME). Falaron de que era imprescindible dar un golpe de Estado, que José Sanjurjo era o líder máis adecuado e o 20 de abril o día do pronunciamento. O día 20/04/1936 non houbo ningún movemento nos cuarteis. O executivo republicano decatouse do suficiente como para encarcerar a Varela Iglesias e confinar a Orgaz outra vez en Santa Cruz de Tenerife. Franco non contrae compromisos firmes naquela reunión.

Antes das 04:00 h do día 18/07/1936 comunicáselle a Franco a noticia do golpe de Estado en Melilla. Franco pon a Orgaz ao mando da sublevación en Canarias e unha vez que a asegurou, partiu para Marrocos a petición de Franco, onde o nomearon Alto Comisario Español e desde onde asegurou a recruta de tropas africanas para o exército sublevado.

En setembro Francisco Franco xa era o candidato mellor colocado para asumir o mando de todas as tropas. Emilio Mola Vidal rechazaba como herdeiro da coroa a Juan de Borbón, Franco aceptábao, e isto entregoulle tamén aos monárquicos. O día 28/09/1936, en Salamanca, a Francisco Franco titulárono "Xeneralísimo", sobre todo polos apoios dos xenerais: Alfredo Kindelán Duany, Nicolás Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Juan Yagüe Blanco e José Millán-Astray Terreros. Incluso chegou a contar coa conformidade reservada de Mola. Só Miguel Cabanellas Ferrer, que o tivera baixo ás súas ordes en África, se opuxo a este nomeamento, temendo que se convertera no ditador no que logo se converteu.

Participou en moitas das accións da guerra civil en Madrid, no Jarama, e, na batalla por Guadalaxara, fracasou estrepitosamente. O xeneral republicano José Miaja Menant freou as súas forzas, que tentaban cortar as comunicacións con Valencia. Foi xefe do Exército de Levante ata o remate da contenda.

Capitán xeral de Cataluña de 1939 a 1941; en Barcelona asinou numerosas sentenzas de pena de morte, que se executaban no coñecido como "Campo de la Bota".

En varios ocasións solicitou de Franco a restauración da monarquía e incluso formou parte do grupo de conspiradores monárquicos contra Franco e asinou o “Manifesto dos vintesete”. Incluso o comprometen algunhas testemuñas en movementos golpistas contra do ditador. Para achegalo ás súas posicións Franco nomeouno xefe do Alto Estado Maior.

Procurador das Cortes españolas na primeira lexislatura franquista, de 1943 a 1946; faleceu antes de rematar a lexislatura.

En 2008 foi un dos 35 altos cargos del franquismo imputados pola Audiencia Nacional no sumario instruído por Baltasar Garzón polos presuntos delitos de detención ilegal e crimes contra a humanidade, que de xeito suposto se cometeron durante a Guerra Civil Española e os primeiros años do régime de Franco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.