← Volver atrás

Cabanellas Ferrer, Miguel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Cartagena
(Murcia)
- 01/01/1872 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Málaga
- 14/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 64 anos. Irmán de Virgilio Cabanellas Ferrer, tamén xeneral de división. Veterano das guerras de Cuba e Marrocos. Por manifestar as graves carencias do Exército, criticou, con Francisco Franco Bahamonde, José Millán-Astray Terreros e Emilio Mola Vidal ás Xuntas Militares de Defensa. A Cabanellas, xeneral de brigada, procesárono e tentaron que foxe relevado do mando. En xaneiro de 1922 as xuntas remataron disoltas.

Cabanellas era masón.

A finais de 1924 ascende a xeneral de división. A súas ideoloxías liberal e republicana levárono a enfrontarse con Miguel Primo de Rivera Orbaneja, polo que en 1926 cesárono no seu cargo de gobernador militar de Mallorca e pasárono á reserva. Mentres conspiraba contra da monarquía con Gonzalo Queipo de Llano Sierra e o comandante Ramón Franco Bahamonde, o día 12/12/1930 prodúcese a Sublevación de Jaca na que participan dous dos seus fillos.

Coa proclamación da II República e dado o seu apoio á causa republicana, o Goberno provisorio nomeouno capitán xeneral da II Rexión Militar (Andalucía). En 1932 substituíu a José Sanjurjo Sacanell á fronte da Garda Civil. No "Bienio radical-cedista" elixírono deputado polo Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García.

Golpista.

Existen opinións contraditorias sobre o momento da súa adhesión aos rebeldes, momento no que estaba ao mando da V División Orgánica (Zaragoza). Por unha banda semella que figuraba como ministro de Guerra no proxecto de Emilio Mola e, polo tanto, participante na preparación da rebelión; outros pensan que se sumou ao iniciarse o alzamento.

Nas primeiras horas da sublevación, Miguel Núñez de Prado Susbielas, tivo que dirixirse a Zaragoza, cidade que non se sublevara formalmente, coa fin de persuadir ao xeneral Miguel Cabanellas, quen estaba ao mando da V División Orgánica e non atendía ás chamadas que se lle facía desde o Ministerio de Guerra. Cabanellas, quen xa estivera implicado na "Sanjurjada", tamén agora se unira aos rebeldes.

Núñez de Prado sabía que ir a Zaragoza era ir a unha morte segura; pediulle ao presidente do Goberno, Santiago Casares Quiroga, que mellor tentalo coas forzas de Sevilla. Non se escoitou a súa proposta e dirixiuse a Zaragoza por mera disciplina militar, onde finou fusilado.

Presidente da Junta de Defensa Nacional, que se creou despois da perda do líder da sublevación pola morte de Sanjurjo; cargo outorgado por ser o xeneral de división de maior antigüidade. O día 21/09/1936, esta Junta, reunida en Salamanca, nomeou a Franco como xefe único, en contra do parecer de Cabanellas. Manifestou: "ustedes no saben lo que han hecho... porque no lo conocen como yo, que lo tuve a mis órdenes... si ustedes le dan España, va a creerse que es suya... hasta su muerte".

Franco fixo o posible para sacalo das esferas do poder e nomeouno inspector xeral do Exército, cargo que desenvolveu ata a súa morte. Inmediatamente despois do seu pasamento, Franco ordenou a requisa de todos os seus documentos.

O seu fillo Guillermo, quen participou na Sublevación de Jaca, tivo que escapar a Francia coa súa dona, en maio de 1937, ao estar perseguido polos sublevados.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.