← Volver atrás

Franco Bahamonde, Ramón

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 02/02/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mar Mediterráneo
(Baleares)
- 28/10/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, aviador e político, 40 anos. Casado con Carmen Díaz, á que abandona e únese a Engracia Moreno, coa que terá unha filla: Ángeles. Era o máis novo dos irmáns Franco Bahamonde. En agosto de 1911 ingresou na Academia de Infantería de Toledo; capitán en 1920, cando se pada á aeronáutica militar. Veterano da Guerra de Marrocos e no 1925 era comandante por méritos de guerra. En 1926 participou no vo do "Plus Ultra" que lle carrexou unha grande popularidade.

Opositor da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja polo descrédito que este fixera do seu nome e polo que o prenderon e encarceraron; nesta conspiración tamén participaban Gonzalo Queipo de Llano Sierra e Miguel Cabanellas Ferrer. O día 12/12/1930 prodúcese a Sublevación de Jaca, na que participan dous dos fillos de Cabanellas. Ramón ameazou con bombardear o Palacio Real de Madrid, aínda que só tirou proclamas revolucionarias. Despois do fracaso da rebelión, pasou a Lisboa (Portugal) e, logo, a Bélxica onde segue conspirando contra da monarquía.

Coa proclamación da II República rehabilitárono e nomeárono director xeral da Areo-náutica Militar. Ao contrario que o seu irmán Francisco Franco Bahamonde, acolleu de bo grado a proclamación da República. Despois duns incidentes, cesárono no seu posto, deixou a vida militar e adicouse á política.

Nas eleccións do día 28/06/1931 converteuse en deputado por Barcelona, nas listaxes de Esquerda Republicana de Cataluña (ERC).

Preguntado en unha ocasión polo que opinaba do seu irmán Francisco, dixo "Paco por ambición sería capaz de asesinar a su madre y por presunción a nuestro padre".

En 1933 non se presentou ás eleccións e pediu o reingreso na Aeronáutica Militar. O presidente Alejandro Lerroux García, para mantelo afastado, nomeouno agregado aéreo na embaixada de Washington (Estados Unidos), onde se atopa no momento do golpe rebelde e do que non tiña noticias da súa preparación, aínda coa implicación do seu irmán.

Golpista.

Preguntou aos seus contactos se sería conveniente o seu retorno e unirse as tropas republicanas. Manuel Azaña Díaz contestou "que no venga, lo pasaría muy mal". Despois de certos titubeos, regresou a Portugal e pasou á zona sublevada. As razóns deste cambio eran a xefatura do seu irmán nos sublevados e o asasinato do seu amigo Julio Ruiz de Alda Miqueleiz, no cárcere Modelo.

O seu irmán nomeouno comandante da Base de Hidroavións de Pollensa (Mallorca), nomeamento que recibiu moitas críticas dos mandos desta arma polo seu pasado republicano e rebelde.

Nunha acción militar desde Pollensa, para bombardear Valencia ou Barcelona, faleceu ao estrelarse o seu avión, cargado con 1000 kg de bombas, cando estaba a producirse unha tormenta. Con el morreron outros catro aviadores. Era entón tenente coronel de Aviación.

Desde o seu pasamento barallouse que puidese ser vítima dunha sabotaxe. Mesmas dúbidas que xeraron as mortes, tamén en accidentes aéreos de José Sanjurjo Sacanell e de Emilio Mola Vidal.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.