← Volver atrás

Azaña Díaz, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Alcalá de Henares
(Madrid)
- 10/01/1880 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Montaubán
(Occitania, Francia)
- 03/11/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor, xornalista e político, 56 anos. Licenciado en Dereito. En abril de 1931 abdica Alfonso XIII e o día 14/04/191 proclámase a II República. Co triunfo da II República volveu a España con todos os honores. A Gonzalo Queipo de Llano Sierra nomeárono capitán xeneral de Madrid e contribuíu ás reformas militares propugnadas por Manuel Azaña Díaz.

Nada máis proclamarse a II República Luis Orgaz Yoldi participou nas primeiras reunións de conspiración contra do novo réxime. A súa pretensión era dar un golpe en breve prazo, para o que mantivo xuntanzas coa dereita conservadora e católica e con outros grupos. Manuel Azaña coñecía os murmurios dun inminente golpe monárquico no que se involucraran, entre outras persoas, Orgaz e Francisco Franco Bahamonde. A Luis Orgaz detéñeno e confínano nas Illas Canarias, o día 16/09/1931, con outros implicados.

O novo Goberno presidiuno, despois das eleccións de 1931, Manuel Azaña. No Goberno provisorio tiña como ministro de Traballo a Francisco Largo Caballero e na carteira de Comunicacións a Diego Martínez Barrio; para a de Xustiza nomeou a Fernando de los Ríos Urruti. Designou xefe do Estado Maior Central ao xeneral Carlos Masquelet Lacaci. Na reorganización das forzas militares contou coa colaboración de Leopoldo Menéndez López, quen logo mandou unha das unidades da Garda Presidencial.

Despois do intento de José Sanjurjo Sacanell, tomou medidas contra varios militares sospeitosos de apoio á sublevación; a Emilio Mola Vidal pasárono á reserva. A esta tentativa tamén se sumou Orgaz Yoldi, ao que confinaron de novo.

Desde os primeiros momentos Francisco Franco Bahamonde manifestouse reticente diante da República. Cando Manuel Azaña, ministro de Guerra, decidiu pechar a Academia Militar de Zaragoza, Franco criticou a medida e Azaña púxoo na situación de dispoñible forzoso.

No primeiro Goberno provisorio tivo como ministro de Estado a Alejandro Lerroux García, quen abandonou en decembro de 1931 por desacordos políticos. As súas relacións co presidente da República, Niceto Alcalá-Zamora Torres, eran bastante oscilantes. Despois da "Sanjurjada" e dada a non participación nela de Francisco Franco, tratou de achegalo ás súas posicións, pero non o consegue. Dimite da presidencia en setembro de 1933, despois da "Sanjurjada" e dos "Sucesos de Casas Viejas" (sucesos nos que por actuacións das forzas armadas morreron 19 homes, dúas mulleres e un neno).

En 1933 nomeou ao tenente coronel Agustín Muñoz Grandes como primeiro xefe e fundador do Corpo de Seguridade e Asalto, máis coñecido como Garda de Asalto.

No seguinte Goberno radical-cedista que presidiu Alejandro Lerroux e do que, en maio de 1935, José-María Gil-Robles Quiñones acadou o Ministerio de Guerra, os homes que tiña da súa man desapareceron do Goberno.

En 1933 Augusto Barcia Trelles afiliouse ao partido Acción Republicana (AR) de Azaña. A pesares da desfeita de AR nas eleccións de novembro de 1933, Barcia Trelles obtivo escano. Os malos resultados electorais dan lugar a formación de Esquerda Republicana (ER) con republicanos galegos e do Partido Republicano Radical Socialista Independente (PRRSI).

Co triunfo da Fronte Popular (FP) na primeira volta, as masas saíron á rúa para celebrar o triunfo e para poñer en liberdade aos encarcerados por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

O Goberno de Manuel Portela Valladares estaba nunha situación crítica. Franco, Gil-Robles, Calvo Sotelo e Alcalá-Zamora pedíronlle que permanecera á fronte do Goberno ata a segunda volta electoral. Portela presentou a dimisión o día 19/02/1936 e o presidente da República encargou a formación de Goberno a Manuel Azaña Díaz.

Logo de certos incidentes de conspiración dos militares, a Manuel Azaña designárono presidente do Goberno. Non lle deu valor ao complot revolucionario que se preparaba; só cambiou o destino de Emilio Mola Vidal, quen pasou de África a Pamplona (Navarra); Manuel Goded LLopis, quen pasou a Baleares, e Franco perdeu a xefatura do Estado Maior Central, en favor do xeneral José Sánchez-Ocaña Beltrán; a Franco destinárono como comandante xeneral a Canarias.

A Fronte Popular (FP) gaña as eleccións do 16 de febreiro de 1936. A Azaña noméano presidente do Goberno. Designou ministro de Guerra a José Miaja Menant, ao que pronto substituíu Carlos Masquelet Lacaci, quen se mantivo como ministro do día 19/02/1936 ata o día 13/05/1936. Nesa etapa o contrabandista e banqueiro Juan March Ordinas adicouse a financiar e promover folgas para que tremera o Goberno.

O día 11/05/1936, acadou a presidencia da República, substituíndo a Niceto Alcalá-Zamora Torres, cun pequeno intervalo na presidencia do Goberno de Augusto Barcia Trelles (do 11 ao 13 de maio) e con Santiago Casares Quiroga como presidente do gabinete.

Exiliado.

Aos poucos meses, a violencia política e a polarización social dan lugar ao golpe dos militares. Manuel Azaña exerceu de xefe do bando republicano durante a Guerra Civil Española. No momento de producirse o golpe, Casares dimite e Azaña ofrécelle a presidencia do Consello de Ministros a Miguel Maura Gamazo, pero opúxose Largo Caballero. Recorreu entón a Diego Martínez Barrio, quen dimite as poucos horas ao non poder reconducir as posicións do xeneral Emilio Mola Vidal. Azaña pasou a presidencia do Consello de Ministros ao seu amigo José Giral Pereira, quen o desenvolvería ata setembro de 1936.

Despois de controlar a sublevación dos rebeldes en Cataluña, mantivo gran confianza co coronel da Garda Civil Antonio Escobar Huerta, co que organizou o cambio da Garda Civil á Garda Nacional Republicana (GNR).

Cando se produce o golpe militar Ramón Franco Bahamonde estaba na embaixada en Estados Unidos. Nicolás preguntou aos seus contactos se sería conveniente o seu retorno e unirse as tropas republicanas. Azaña contestou "que no venga, lo pasaría muy mal". Despois de certos titubeos Nicolás regresou a Portugal e pasou á zona sublevada. As razóns deste cambio eran a xefatura do seu irmán nos sublevados e o asasinato do seu amigo Julio Ruiz de Alda Miqueleiz, no cárcere Modelo de Madrid.

O día 04/02/1939 Juan Negrín López, presidente do Goberno, comunícalle a decisión do gabinete de que se traslade a Francia para refuxiarse na embaixada española en París.

Cando o día 27/02/1939 Francia e o Reino Unido recoñecen ao Goberno de Franco, Azaña presenta a súa dimisión o día 28 de febreiro. A súa negativa a regresar a España criticárona Juan Negrín López e Dolores Ibárruri Gómez, entre outras persoas, e tomouse como unha traizón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.