← Volver atrás

Escobar Huerta, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ceuta
- 14/11/1879 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barcelona
- 08/02/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Garda civil, 56 anos. Veciño de Barcelona. Pertencía a unha familia de militares. En xullo de 1936 tiña o grao de coronel da Garda Civil e con destino no 19º Tercio da Garda Nacional Republicana en Barcelona baixo as ordes do xeneral José Aranguren Roldán, a quen finalmente tamén executaron no Castelo de Montjuic, Barcelona.

Executado.

Mantívose leal á República e resultou fundamental á hora do control de Barcelona diante dos sublevados.

Sempre considerou un erro que non se desarmase ás milicias anarquistas despois de que a cidade estivera controlada polos leais. Esta ausencia de desarme produciu a queima de conventos e o asasinato de relixiosos.

Logo de obter a confianza do presidente da República, Manuel Azaña Díaz, e despois da transformación da Garda Civil en Garda Nacional Republicana (GNR), incorporouse ao Exército do Centro e participou na defensa de Madrid.

Nomeado delegado de Orde Pública en Barcelona, sufriu un atentado anarquista no que o feriron. En 1938 ascende a xeneral e asígnaselle o posto de comandante xefe do Corpo de Exército de Estremadura. En xaneiro de 1939 dirixe a Ofensiva de Valsequillo, última operación ofensiva do exército republicano na guerra. As súa tropas recuperan amplos territorios pero a guerra xa se perdera e, máis, despois da caída de Cataluña. As tropas xa se atopaban esgotadas, cansas e sen material.

O día 16/02/1939 varios mandos militares, entre os que se atopaban os xenerais José Miaja Menant, Antonio Escobar Huerta, Manuel Matallana Gómez (xefe do Estado Maior de Miaja), Leopoldo Menéndez López, Domingo Moriones Larraga e o coronel Segismundo Casado López, reuníronse co presidente do Goberno Juan Negrín López no aeródromo de Los Llanos (Albacete). Moitos expuxeron a necesidade de poñer fin á guerra e Miaja, para sorpresa de todos, mantivo seguir resistindo a toda costa. Miaja era coñecedor de varias conspiracións militares contra o Goberno pero non o informou.

O día 05/03/1939, baixo o falso pretexto de que Negrín planeaba a toma do poder en unión do PCE e que Francisco Franco Bahamonde non quería negociar pola presenza dos comunistas no Goberno, Segismundo Casado conduciu un golpe de Estado contra do Goberno republicano. Creou o Consello de Defensa Nacional (CDN), presidido por José Miaja e do que tamén formaba parte o ex-presidente Julián Besteiro Fernández.

Diante da ofensiva final de últimos de marzo de 1939, Escobar rende as súa tropas en Ciudad Real diante do xeneral Juan Yagüe Blanco. Xa era o único xeneral republicano en España; Yagüe ofreceulle un avión para pasar a Portugal pero declinou a oferta.

Xulgado en consello de guerra en Barcelona polo delito de rebelión militar, na causa 1/39, co resultado de sentenza á pena de morte.

Moitos altos cargos eclesiásticos pediron o seu indulto, era católico convencido. Francisco Franco Bahamonde non cedeu e a Antonio fusilárono no Castelo de Montjuic, Barcelona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.