Nacemento:
Morte:
Militar e avogado, 41 anos. Veciño de Madrid. Estudou na Academia Militar de Infantería de Toledo de 1909 a 1912. Veterano da Guerra de Marrocos. Co paso do tempo ingresou na Escola Superior de Guerra e licenciouse co diploma de Estado Maior no ano 1929. Prestou servizos militares na Coruña, onde permanecía cando se proclama a II República.
Cando se produce a proclamación da II República tiña o seu destino na Coruña e pronto lle xurou lealdade ao novo réxime republicano. En 1934 licenciouse en Dereito.
Cando tiña o destino no Estado Maior en León, participou na represión da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Era unha persoa de ideas conservadoras e das dereitas.
Encarcerado. Colaboracionista.
No momento da rebelión militar franquista tiña o seu destino na 2ª Brigada de Infantería en Badaxoz; despois do golpe de Estado mantívose leal á República. En maio de 1937 substituíu a Vicente Rojo Lluch á fronte do Estado Maior do Exército do Centro e no seguinte mes de setembro ascendeu a coronel.
Desde finais do ano 1937 pasou información ao exército rebelde e foi membro activo da Quinta Columna.
O día 30/04/1938, despois da división en dúas da zona republicana, designárono xefe do Estado Maior do Grupo de Exército da Rexión Central (GERC), onde planificou a defensa de Valencia coa construción da Liña XYZ. Ascendérono a xeneral en setembro de 1938 polos méritos na defensa da cidade levantina. Colaborou con Vicente Rojo na planificación do "Plan P", aínda que logo opúxose a que se levara a cabo e substituírono por unha ofensiva menor sobre Estremadura e que comezou coa Ofensiva de Valsequillo. Matallana mantivo unha posición derrotista da situación, sobre todo despois da perda da batalla do Ebro e da caída de Cataluña.
Iniciou contactos cos servizos secretos franquistas, cos que mantivo tratos ata a rendición de Madrid e converteríase no represor na capital dos comunistas, que se opuxeran ao golpe militar de Segismundo Casado López.
O día 16/02/1939 varios mandos militares, entre os que se atopaban os xenerais José Miaja Menant, Antonio Escobar Huerta, Manuel Matallana Gómez (xefe do Estado Maior de Miaja), Leopoldo Menéndez López, Domingo Moriones Larraga e o coronel Segismundo Casado López, reuníronse co presidente do Goberno Juan Negrín López no aeródromo de Los Llanos (Albacete). Moitos expuxeron a necesidade de poñer fin a guerra e Miaja, para sorpresa de todos, mantivo seguir resistindo a toda costa. Miaja era coñecedor de varias conspiracións militares contra do Goberno e das que non informou.
O día 05/03/1939, baixo o falso pretexto de que Negrín planeaba a toma do poder en unión do PCE e que Francisco Franco Bahamonde non quería negociar pola presenza dos comunistas no executivo, Segismundo Casado conduciu un golpe de Estado contra do Goberno republicano. Creou o Consello de Defensa Nacional (CDN), presidido por José Miaja e do que tamén formaba parte o ex-presidente Julián Besteiro Fernández. Matallana uniuse ao golpe de Casado e enviaba información aos rebeldes dos puntos débiles na defensa da capital. Sería un dos interlocutores co exército golpista e deu ordes de rendición ás tropas republicanas.
A Manuel Matallana detivérono os fascistas en Valencia o día 29/03/1939.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo o día 09/08/1939 co resultado de sentenza a 30 anos de prisión. Pena que Francisco Franco Bahamonde lle conmutou en xullo de 1940 por unha menor pola súa colaboración.
Deixárono en liberdade condicional en maio de 1941, logo de pasar dous anos na cadea.
Despois de cumprir a pena de cárcere, viviu os últimos anos con moitas estreiteces económicas e traballando de capaz en obras da construción.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.