← Volver atrás

Casado López, Segismundo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Nava de la Asunción
(Segovia)
- 10/10/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 18/12/1968 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 42 anos. Veciño de Madrid. Aos 15 anos ingresou na Academia de Cabalería de Valladolid. Veterano da campaña de Marrocos, onde acadou o grao de capitán. Xa comandante foi xefe da escolta do presidente da República en Madrid desde 1935 ata que comezou a guerra civil; cesárono neste posto o día 20/08/1936 e nomeárono xefe de operacións do Estado Maior e, logo, inspector xeral de Cabalería.

Membro dunha loxa masónica.

Exiliado.

Participe en moitas das accións que se levaron a cabo nas frontes de guerra. Tenente coronel da arma de Cabalería e ascendido a coronel por méritos de guerra polos republicanos.

Juan Negrín López, despois dos sucesos de maio de 1937 en Cataluña, ocupou a presidencia do Goberno; o ministro de Guerra Indalecio Prieto Tuero, en abril de 1938, nomeou a Casado xefe do Exército de Andalucía. Logo da crise de marzo-abril de 1938, cando os fascistas dividiron a zona republicana, tomou partido por Indalecio Prieto, quen daba a guerra por perdida e precisábase unha saída negociada.

Despois da dimisión de Prieto Tuero, e aínda sabendo que era partícipe das mesmas ideas, Negrín designouno xefe do Exército do Centro. Casado pensaba que Negrín e os seus apoios comunistas eran os que poñían impedimentos para acadar un acordo con Francisco Franco Bahamonde.

Logo da batalla do Ebro e a caída de Cataluña, iniciou contactos con franquistas para a rendición, sabendo que para iso era preciso derrocar a Negrín e aos comunistas. O desastre de Villanueva de la Cañada, onde 25.000 soldados se tiveron que enfrontar a uns 250.000 soldados rebeldes, tivo como consecuencia a morte de moitos soldados republicanos. A Casado acusárono da confidencia dos movementos dos seus homes e de connivencia co inimigo.

O día 05/03/1939 e baixo o falso pretexto de que Negrín planeaba a toma do poder en unión do PCE, conduciu un golpe de Estado contra do Goberno republicano. Creou o Consello de Defensa Nacional (CDN), presidido por José Miaja Menant e do que tamén formaba parte o ex-presidente Julián Besteiro Fernández. O Goberno de Negrín decidiu pasar de Valencia a Francia diante do temor de ser capturados polos "casadistas". En Madrid mobilizáronse os comunistas, aos que derrotaron, e Casado tomou o control da capital. O CDN quixo negociar con Franco a rendición, pero sen resultados; só se aceptaba a rendición incondicional e a finais de marzo os franquistas tomaron Madrid sen resistencia.

Diante da inminente caída de Madrid, Casado marchou a Valencia e de alí a Marsella (Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia). Antes de exiliarse díxolles aos miles de refuxiados, que deixaba en terra, que se trasladaran a Alacante onde sería embarcados cara o exilio en barcos británicos. Este movemento foi unha estrataxema de Franco quen así os veu concentrados e prendeu a moitos destes refuxiados.

A finais de 1939 achábase no exilio en Gran Bretaña. Non se puido reunir coa súa familia en Venezuela ata 1951. Logo pasou a Colombia e en 1961 regresou a España.

Xulgado en consello de guerra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de absolución.

Rechazado polo franquismo por tomar partido voluntariamente polos republicanos e rechazado por estes no exilio polo golpe de Estado que levara a cabo.

Procesárono por responsabilidades políticas e por masón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.