Nacemento:
Morte:
Militar, 53 anos. Veciño de Leganés (Madrid). Estudou na Academia de Enxeñeiros de Guadalaxara. Participou nas campañas de África. En 1934 era comandante militar de Xixón (Principado de Asturias) e tomou parte na paralización da revolución no Principado de Asturias de outubro dese ano.
Encarcerado.
Durante o golpe dos rebeldes, como tenente coronel do Rexemento de Ferrocarrís en Leganés, mantívose leal á República e participou na defensa da capital do Estado nos combates de Somosierra e do Guadarrama, onde mandaba as columnas de milicianos. A comezos de 1937 estaba ao mando da 2ª División e despois sería o comandante do I Corpo de Exército do Exército do Centro. En 1938 ascendérono a xeneral e designárono para o mando como comandante do Exército de Andalucía.
No 16/02/1939 varios mandos militares, entre os que se atopaban os xenerais José Miaja Menant, Antonio Escobar Huerta, Manuel Matallana Gómez (xefe do Estado Maior de Miaja), Leopoldo Menéndez López, Domingo Moriones Larraga e o coronel Segismundo Casado López, reuníronse co presidente do Goberno Juan Negrín López no aeródromo de Los Llanos (Albacete). Moitos expuxeron a necesidade de poñer fin a guerra e Miaja, para sorpresa de todos, mantivo seguir resistindo a toda costa. Miaja coñecía de varias conspiracións militares contra o Goberno legal pero non o informou.
O día 05/03/1939, baixo o falso pretexto de que Negrín planeaba a toma do poder en unión do PCE e de que Francisco Franco Bahamonde non quería negociar pola presenza dos comunistas no Goberno, Segismundo Casado conduciu un golpe de Estado contra do executivo republicano. Creou o Consello de Defensa Nacional (CDN), presidido por José Miaja e do que tamén formaba parte o ex-presidente Julián Besteiro Fernández.
Moriones secundou o golpe de Estado de Casado contra do Goberno da República, pero aínda así destituírono de inmediato do mando e substituíuno Francisco Menoyo Baños, da confianza de Casado.
Xulgado polos franquistas en consello de guerra co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada pola de 30 anos de prisión.
Interno na Prisión Militar de Monteolivete, Valencia. Pasou dez anos na cadea.
Procesárono en Madrid por responsabilidades políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.