Nacemento:
Morte:
Militar, 44 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1907, compañeiro de promoción de Francisco Franco Bahamonde e con Emilio Esteban-Infantes Martín. Combateu desde 1914 na Guerra de Marrocos na Lexión, "africanista", coma Franco, José-Enrique Varela Iglesias, José Millán-Astray Terreros, José Sanjurjo Sacanell e Manuel Goded Llopis.
Despois da proclamación da II República afiliouse a Falanxe Española (FE) e mantivo amizade con José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia. Nunca simpatizou coa República porque entendía que frustrara a súa carreira militar.
En outubro de 1934 Francisco Franco, xefe do Estado Maior Central, enviouno ao mando das tropas africanas (uns 18.000 homes) para reprimir a revolta dos obreiros e mineiros asturianos. Empregou unha extraordinaria violencia na represión. Cando o xeneral Eduardo López de Ochoa Portuondo chegou a un acordo cos obreiros, Yagüe acusouno de complicidade cos rebeldes.
Golpista.
Despois das eleccións de febreiro de 1936 aliñouse cos conspiradores militares. Era tenente coronel en Ceuta, onde se fixo cargo da sublevación militar e tomou a cidade sen resistencia. Pasou coas tropas africanas a Sevilla onde o puxeron ao mando dunha columna de lexionarios e africanos que causaron o terror en Estremadura. En Almendralejo (Badaxoz) morreron máis de 1000 civís.
Na batalla de Badaxoz tamén se produciu unha sanguenta represión (entre 2000 e 4000 civís executados. "¿Qué esperaba usted? ¿Que iba a llevar a cuatro mil prisioneros rojos conmigo, teniendo mi columna que avanzar a marchas forzadas y arriesgarse a perder Badajoz de nuevo?"). Coñecido como "El carnicero de Badajoz". Logo ascendérono a coronel.
Opúxose a Franco cando decidiu abandonar o rápido avance cara Madrid, para salvar ao coronel José Moscardó Ituarte, asediado no Alcázar de Toledo. Tamén era contrario á fusión de FE coa Comunión Tradicionalista Carlista, onde Franco fixo a vista gorda. Chegou a eloxiar a capacidade de combate dos militares republicanos, polo que lle retiraron o mando de forma provisoria; nestas datas Indalecio Prieto Tuero tratou de contactar con el, sen éxito, para negociar un compromiso de paz.
En setembro de 1936 Francisco Franco xa era o candidato mellor colocado para asumir o mando de todas as tropas. Emilio Mola Vidal rechazaba como herdeiro da coroa a Juan de Borbón, Franco aceptábao, e isto entregoulle tamén os monárquicos. O día 28/09/1936, en Salamanca, Franco acaba nomeado "Generalísimo" sobre todo polos apoios dos xenerais Alfredo Kindelán Duany, Nicolás Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Juan Yagüe Blanco e José Millán-Astray Terreros. Incluso chegou a contar coa conformidade reservada de Mola. Só Miguel Cabanellas Ferrer, que o tivera baixo ás súas ordes en África, se opuxo, temendo que se convertera no ditador no que logo se converteu.
Cando se produce o enfrontamento entre as distintas faccións de Falanxe Española (FE) en abril de 1937, Yagüe mantívose ao lado de Manuel Hedilla Larrey, que era o xefe da Xunta de Mando Provisorio de FE, na ausencia de José-Antonio.
En novembro de 1937 os fascistas puxérono ao mando do Corpo de Exército de Marrocos; obtendo moitos éxitos militares na fronte do Ebro e na toma de Teruel. Criticou en privado e castigárono coa suspensión temporal do mando, cando Franco parou a ofensiva cara Cataluña para dirixirse á toma de Valencia. A ofensiva sobre Cataluña comezou en xaneiro de 1939, despois de asegurar o Ebro en novembro de 1938. O día 26/01/1939 as tropas de Yagüe entraban en Barcelona sen resistencia.
Diante de Yagüe rendéronse as tropas do xeneral da Garda Civil Antonio Escobar Huerta, en Ciudad Real, cando os alzados estaban a piques de entrar en Madrid. Escobar era o único xeneral republicano que quedaba en España; Yagüe ofreceulle unha saída vía Portugal, pero Escobar non quixo e fusilárono.
Ao remate da contenda española nomeárono xeneral de división e acompañou á Lexión Cóndor no seu regreso a Alemaña. O 9 de agosto de 1939 Franco nomeouno ministro do Aire. En xuño de 1940 confinárono no seu pobo natal polas críticas a Franco e por participar nunha trama para derrocar ao ditador.
Yagüe, con Ramón Serrano Suñer, o cuñado de Franco, defenderon a toda costa un aliñamento ao lado dos nazis alemáns na Segunda Guerra Mundial.
En xullo de 1943 ascéndeno a tenente xeneral e foi capitán xeral da VI Rexión Militar, en Burgos. Seguiu conspirando contra Franco, xa que era partidario da restauración monárquica.
Morreu en Burgos por mor dun cancro de pulmón e nomeado de xeito póstumo capitán xeneral.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.