← Volver atrás

Millán-Astray Terreros, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

A Coruña
- 05/07/1879 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 01/01/1954 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 57 anos. Casou en marzo de 1906 con Elvira Gutiérrez de la Torre (+1968), con voto de castidade, polo que non mantiveron relacións maritais. No ano 1941 uniuse a Rita Gasset, coa que tivo unha filla: Peregrina. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en agosto de 1894. Veterano da guerra de Filipinas. En 1920 encargóuselle a creación da Lexión, o chamado "Tercio de Extranjeros" (a imitación da Lexión Estranxeira Francesa), do que foi tenente coronel ao mando e onde contou coa colaboración de Francisco Franco Bahamonde, como comandante. Ferido na Guerra de Marrocos en catro ocasións. Tamén fundou Radio Nacional de España.

Francisco Franco Bahamonde tentou intervir en Madrid, cos cadetes, en defensa de Alfonso XIII, pero José Millán-Astray achegoulle unha confidencia do xeneral José Sanjurjo Sacanell na que lle indicaban que non se contaba cos apoios suficientes.

Golpista.

En setembro de 1936 Franco xa era o candidato mellor colocado para asumir o mando de todas as tropas rebeldes. Emilio Mola Vidal rechazaba como herdeiro da coroa a Juan de Borbón, Franco aceptábao, e isto entregoulle tamén aos monárquicos.

O día 28/09/1936, en Salamanca, a Franco nomeárono "Xeneralísimo", sobre todo polos apoios dos xenerais Alfredo Kindelán Duany, Nicolás Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Juan Yagüe Blanco e José Millán-Astray Terreros. Incluso chegou a contar coa conformidade reservada de Mola. Só Miguel Cabanellas Ferrer, que o tivera baixo ás súas ordes en África, se opuxo, temendo que se convertera no ditador no que logo se converteu.

Nun incidente con Miguel de Unamuno Jugo o día 22/10/1936 na Universidade de Salamanca, Millán-Astray chegou a berrar "¡Muera la inteligencia!". A idea dos rebeldes era esa, era o que pensaban "la enseñanza era responsable de los males que aquejan a la patria". A depuración de docentes evidenciou esta teoría.

No desenvolvemento da Guerra Civil tivo un papel secundario dentro do exército sublevado. Destacou pola súa labor dentro do servizo de propaganda, con referencias antisemitas nos seus discursos radiofónicos, referíndose aos "judios comunistas" como os causantes da situación de España.

Relevado en xaneiro de 1937 polo xeito cuarteleiro de organizar o servizo propagandístico.

Despois do remate da guerra nomeárono procurador nas Cortes en catro lexislaturas, de 1943 a 1954, pero ve como vai minguando a súa relevancia na ditadura.

Morreu en Madrid por mor dunha enfermidade coronaria.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.