Nacemento:
Morte:
Militar e político, 45 anos. Comezou a súa carreira política na II República e foi secretario xeral do Partido Agrario (PA). En 1935 era director xeral da Marina Mercante Española, nun Goberno de Joaquín Chapaprieta Torregrosa.
Golpista.
Sendo o seu irmán Francisco Franco Bahamonde un dos principais instigadores do golpe de Estado de 1936, Nicolás converteuse nun dos seus principais colaboradores.
En setembro Francisco Franco xa era o candidato mellor colocado para asumir o mando de todas as tropas. Emilio Mola Vidal rechazaba como herdeiro da coroa a Juan de Borbón, Franco aceptábao, e isto entregoulle tamén aos monárquicos. O día 28/09/1936, en Salamanca, a Francisco titulárono "Xeneralísimo" sobre todo polos apoios dos xenerais Alfredo Kindelán Duany, Luis Orgaz Yoldi, Juan Yagüe Blanco e José Millán-Astray Terreros. Incluso chegou a contar coa conformidade reservada de Mola. Só Miguel Cabanellas Ferrer, que o tivera baixo ás súas ordes en África, se opuxo, temendo que se convertera no ditador no que logo se converteu.
Durante a Guerra Civil Española foi embaixador en Italia en 1937 e en Portugal en 1938. Garantiu o apoio do Goberno portugués ao bando sublevado, o subministro de armas e a detención dos republicanos fuxidos. Mantívose nesta embaixada ata 1957.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.