Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 64 anos. Licenciado en Dereito.
Iniciou a súa carreira política no Partido Liberal (PL), deputado nas Cortes e senador do Reino pola Coruña. En 1922 designárono ministro de Traballo nun dos gabinetes de Manuel García Prieto; desenvolveu este cargo ata setembro de 1923, cando se produce o golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.
Despois da proclamación da II República, en maio de 1931 ingresou na Dereita Liberal Republicana (DLR). En 1933 era deputado por Alacante polo Partido Republicano Radical Independente (PRRI). O día 06/05/1935 nomeárono ministro de Facenda no Goberno de Alejandro Lerroux García. O día 25/09/1935 cae o Goberno de Lerroux e pasou a ocupar a presidencia do Consello de Ministros, co apoio da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) e o Partido Agrario Español (PAE).
Reduciu as carteiras ministeriais de 13 a 9. Neste Goberno era ministro de Industria, Comercio e Agricultura, do día 25/09/1935 ata o día 29/10/1935, José Martínez de Velasco Escolar; Martínez de Velasco tamén sería no gabinete Chapaprieta ministro de Estado do día 29/10/1935 ata o día 14/12/1935.
Debido ao escándalo de corrupción coñecido como "escándalo del estraperlo", afastou do Goberno aos ministros afíns a Lerroux. En decembro de 1935 dimitía José-María Gil-Robles Quiñones, quen seguía ao fronte da carteira de Guerra desde o anterior Goberno.
Illado politicamente e coa CEDA bloqueando as súas reformas fiscais, rematou dimitindo o día 09/12/1935.
O seguinte presidente do Goberno sería Manuel Portela Valladares, quen o mantivo de ministro na carteira de Facenda. Despois de chocar coas ideas de Portela na formación dun partido de centro, dimitiu o día 30/12/1935 con outros ministros.
Non volveu a exercer ningún cargo político de importancia. Despois do golpe de Estado, retirouse da política activa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.