Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 37 anos. Casou con Carmen Gil-Delgado Armada. Veciños de Madrid. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca aos 21 anos.
Militante do Bloque Agrario, elixírono deputado nas eleccións de xuño de 1931. A finais de febreiro e primeiros de marzo de 1933 participa na creación da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA). O seu grupo foi o máis votado nas eleccións de novembro de 1933 (115 escanos, de 450). Non podía formar Goberno e prestou o seu apoio ao de Alejandro Lerroux García.
O día 06/05/1935 Lerroux designouno ministro de Guerra, cargo desde o que ascendeu a varios militares das dereitas, que logo terían gran transcendencia no golpe de Estado. Nomeou a Francisco Franco Bahamonde como xefe do Estado Maior Central, Emilio Mola Vidal volvía ao servizo activo e tomaba o mando no Protectorado de Marrocos, Joaquín Fanjul Goñi era nomeado subsecretario, José-Enrique Varela Iglesias ascendido a xeneral de brigada. Como contrapartida, desaparecían do ministerio os homes de Manuel Azaña Díaz.
Seguía no cargo en setembro de 1935, no Goberno de Joaquín Chapaprieta Torregrosa, pero diferenzas de opinión pola súa política económica, levárono á dimisión en decembro de 1935, cando pasou a substituílo Nicolás Molero Lobo, xa no seguinte Goberno de Manuel Portela Valladares. O presidente da República, Niceto Alcalá-Zamora Torres, sempre desconfiou do seu espírito democrático.
Despois da dimisión do presidente do Goberno Joaquín Chapaprieta Torregrosa, en decembro de 1935, o presidente da República Niceto Alcalá-Zamora Torres, pediulle a José-María Gil-Robles, líder da CEDA, o partido con máis deputados nas Cortes, que formase executivo. José Calvo Sotelo considerou esta decisión como "un golpe de Estado presidencial". Ante esta situación Alcalá-Zamora, desexando que no resultado das novas eleccións non houbera tanta radicalización dereita-esquerda, encargou a formación de Goberno ao moderado Manuel Portela Valladares; a súa intención era que Portela formase un grupo forte de centro e para este fin alongou o que puido o prazo electoral; un dos que máis se opoñía a este adiamento era Calvo Sotelo. Alcalá-Zamora veuse obrigado a disolver as Cortes e a convocar eleccións.
Golpista. Exiliado.
Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, converteuse no xefe da oposición parlamentaria. Nun primeiro momento pretendera, con Francisco Franco Bahamonde, que se declarara o estado de guerra para non traspasar o poder aos gañadores das eleccións. Despois da morte de José Calvo Sotelo, marchou a Francia (de onde o expulsaron) e pasou a Portugal.
Durante a Guerra Civil Española encomendou aos seus seguidores que apoiaran ao bando sublevado e entregou 500.000 pesetas dos fondos do seu partido a Emilio Mola Vidal. Nas súas memorias afirmou descoñecer a preparación do golpe de Estado. Nunca se comprometeu de xeito público coa rebelión.
Colaborou en Portugal coa sublevación do ditador Antonio de Oliveira Salazar, ao que lle proporcionou armas e outras subministracións, propaganda, axuda económica... Foi ademais o seu intermediario con Francisco Franco.
Rematada a guerra civil apoiou a causa monárquica.
No ano 1953 volveu a España e desterrárono en 1962 por participar en reunións antifranquistas, no coñecido como Contubernio de Múnich.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.