← Volver atrás

Fanjul Goñi, Joaquín

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Fusilado en Madrid dous días despois

Nacemento:

Vitoria
(Araba)
- 30/05/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 17/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, avogado e político, 56 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en xuño de 1896. Veterano das guerras de Cuba e Marrocos. Ascendido a xeneral de brigada en 1926, na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Licenciado en Dereito.

Deputado nas Cortes da Restauración nos anos 1919, 1920 e 1923.

Membro destacado da Unión Militar Española (UME), estivo implicado en varias conspiracións militares contra a II República.

Deputado a Cortes en 1931, 1933 e 1936 por Cuenca e polo Partido Agrario (PA). No Goberno radical-cedista de Alejandro Lerroux García, cando en maio de 1935 José-María Gil-Robles Quiñones se fixo cargo do Ministerio de Guerra, nomeouno xefe da V División Orgánica e subsecretario do Ministerio de Guerra en maio de 1935; cesouno a finais dese ano.

Designárono entón xeneral xefe da Comandancia Xeral de Canarias.

O escano que obtivo en 1936 anuláronllo pois en Cuenca tiveron que repetir as eleccións.

Co triunfo da Fronte Popular (FP) cesárono en Canarias, quedou sen mando de tropa e con destino forzoso en Madrid.

Entrou en contacto co xeneral Emilio Mola Vidal, ao que escolleran como director da sublevación, e formou parte da conspiración que deu lugar a Guerra Civil Española.

O día 08/03/1936 participa na reunión conspiradora da rúa Xeneral Arrando, 19, en Madrid, domicilio do deputado da CEDA, José Delgado Hernández de Tejada. Nesta reunión estaban: Francisco Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Emilio Mola Vidal, Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi, Ángel Rodríguez del Barrio, Andrés Saliquet Zumeta, Miguel García de la Herrán Martínez, Manuel González Carrasco, Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, o coronel José-Enrique Varela Iglesias e o tenente coronel Valentín Galarza Morante, pola UME. Falaron de que era imprescindible dar un golpe de Estado, de que José Sanjurjo Sacanell era o líder máis adecuado e o 20 de abril sería o día do pronunciamento.

O día 20/04/1936 non houbo ningún movemento nos cuarteis. O Goberno republicano decatouse do suficiente como para encarcerar a Varela Iglesias e confinar a Orgaz en Canarias. Francisco Franco Bahamonde non contrae compromisos firmes naquela reunión.

Golpista. Axustizado.

Para sublevar a guarnición de Madrid elixiran ao xeneral Rafael Villegas Montesinos, a quen acompañarían os xenerais Joaquín Fanjul e Miguel García de la Herrán Martínez. No último momento Villegas mostrouse dubidoso e renunciou a liderar a sublevación para facerse co mando da I División Orgánica. Fanjul presentouse no Cuartel de la Montaña e proclamou o estado de guerra. Na espera de reforzos, que deberían chegar de parte das tropas acantonadas en Carabanchel e ao mando de García de la Herrán, o cuartel asaltárono as forzas de seguridade e os milicianos. Fanjul rematou ferido, rendeuse e prendérono. García de la Herrán morrería nun tiroteo na operación de conexión con el.

Xulgárono en consello de guerra en Madrid, o día 15/08/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado en Madrid dous días despois.

O día 10/08/1936 a Ángel Rodríguez del Barrio, xa gravemente enfermo, substituiríao como vogal da Sala Militar do Tribunal Supremo Juan García Gómez-Caminero; este formou parte como membro do tribunal que xulgou e condenou a morte ao xeneral rebelde Fanjul Goñi.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.