Nacemento:
Morte:
Militar, 55 anos.
Masón e anticlerical. En 1930, sendo coronel de Infantería, participou nunha conspiración para derrubar a monarquía e establecer a República. Cando se instaura a II República nomeárono gobernador militar de Málaga, onde non intervén diante da queima das igrexas que se produciu na cidade, polo que o cesaron. O día 15/02/1933 ascende a xeneral de división. Comandante xefe da III División Orgánica en Sevilla e da VIII División Orgánica na Coruña. Era membro da Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA). Durante o Bienio Negro caeu en desgracia.
En xullo de 1936 era inspector xeneral do Exército e redactou un informe, antes de estourar a rebelión, no que sinalaba que se debía relevar do mando ao xeneral Emilio Mola Vidal xa que “podía constituír un peligro”.
Despois o Goberno designouno para manter a orde nas guarnicións do Douro. En xullo de 1936 saíu da Coruña cara Madrid, tivo que aterrar en Ourense, onde se achaba o 17/07/1936, e de alí pasou a León, onde chegou o día 19. Ordenou ao xeneral Carlos Bosch Bosch, diante da súa resistencia, que entregara armas á columna de mineiros asturianos que chegaran á cidade; el marchaba cara Madrid. Dada a situación tivo que facelo vía Portugal, coa axuda do médico Manuel Fábrega Coello (fusilado por esta colaboración), e reingresou en España por Badaxoz para incorporarse ás ordes do Goberno republicano.
O día 10/08/1936 substituíu ao xeneral Ángel Rodríguez del Barrio, gravemente enfermo, como vogal da Sala Militar do Tribunal Supremo, polo que actuou como membro do tribunal, que xulgou e condenou a morte ao xeneral rebelde Joaquín Fanjul Goñi.
A principios de 1937 pasou á reserva por cumprir a idade regulamentaria.
Morreu pouco despois de morte natural.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.