Nacemento:
Morte:
Militar, 63 anos. Ingresou na Academia Xeral Militar e especializouse en infantería. Participou nas campañas de Cuba e de África. Coronel de Infantería en 1923 e xeneral de brigada en 1930.
Durante os sucesos por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 no Principado de Asturias, saíu cunha columna desde León. Os ataques dos mineiros causáronlle moitas baixas e chegou a recibir axuda do Exército de África. Relevado do mando da columna polo xeneral Amado Balmes Alonso.
Antes da sublevación militar de 1936 foi vítima dun atentado por parte de Fabián Alonso González, militante do PCE e socio do Centro de Estudos Sociais Germinal, da Coruña, no que tamén tivo participación Enrique Pena Vila, das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).
Golpista.
Cando se produce o alzamento militar era comandante do Rexemento de Infantería Burgos nº 31, en León, 16ª Brigada de Infantería, que dependía da VIII División Orgánica, con sede na Coruña.
En 1936 tomou parte na conspiración militar. Diante da presenza dunha forza de mineiros asturianos en León, e por orde do xeneral leal á república Juan García Gómez-Caminero, chegado de Ourense, entregoulles aos mineiros, despois de non aceptalo de bon grado, 200 fusís e catro metralladoras o día 18/07/1936. O día 20 de xullo, cando os mineiros xa se afastaran, declarou o estado de guerra, sublevouse e fíxose co control de León.
Durante pouco tempo ocupou o mando da VIII División Orgánica na Coruña, desde o día 02/08/1936 e cesou o día 22/09/1936. Nomeárono o 24/09/1936 gobernador militar de Ferrol (A Coruña).
Non estaba cómodo cos políticos rebeldes e pasou á reserva, pola súa idade, o día 19/02/1937. Sometérono a un tribunal de honor pola súa debilidade no momento do golpe e separárono do Exército.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.