Nacemento:
Morte:
Debuxante e político, 37 anos. Veciño da rúa Florida, 21-3º, na Coruña. Árbitro de fútbol. Estudou Artes Gráficas.
Membro do Comité Directivo da Agrupación Socialista (AS) da Coruña en abril de 1932. Presidente das Xuventudes Socialistas (XXSS) en 1933. Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) no ano 1936. Candidato a deputado nas Cortes nas eleccións de 1936.
Detido a raíz da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
En abril de 1936 participa nun atentado errado contra o xeneral Carlos Bosch Bosch.
Editor da revista Ciaboga da Federación de Remo.
Fuxido. Encarcerado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono, cos Irmáns da Lixivia e outras xentes das esquerdas da cidade, a unha reunión no Goberno Civil co gobernador Francisco Pérez Carballo.
Nos primeiros momentos do golpe militar agachouse e detivérono os rebeldes o día 05/08/1942.
Enrique figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Prendérono na casa de Eudosia Buceta Armesto, na rúa San Agustín, 21-1º da Coruña, onde estaba agochado.
Xulgado en causa militar na Coruña o día 26/06/1943 polo delito de rebelión militar (proceso polo atentado contra o xeneral Carlos Bosch), na causa 64/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Beneficiouse de varios indultos e saíu do cárcere en liberdade provisoria en abril de 1949.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.