← Volver atrás

Fábrega Coello, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ourense
(Ourense)
- 01/01/1875 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Zamora
(Zamora)

Biografía

Médico, 61 anos. Casado cunha veciña de Lubián (Zamora), non tiveron fillos. Veciños de Lubián, onde exerceu a medicina ao longo de 30 anos. Curmán de Luis Fábrega Coello, encarcerado.

Membro da Asociación Republicana Radical desde 1932; participou na campaña a favor da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Executado.

Cando os militares sublevados controlaron a comarca das Portelas (nos límites de Galicia, Castela-León e Portugal) prendérono e enviárono á prisión de Zamora.

A Manuel acusárono de acoller na súa casa ao xeneral de división republicano Juan García Gómez-Caminero, Inspector Xeral do Exército e a dous militares, que o acompañaban, antes de que cruzaran cara Portugal o día 19/07/1936.

Xulgado en consello de guerra polo Tribunal Militar Territorial de Zamora polo delito de rebelión militar, na causa 194/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Inculpado no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas de Valladolid.

Fusilárono os falanxistas nas tapias do cemiterio zamorano con outras persoas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha