Nacemento:
Morte:
Farmacéutico e político, 62 anos. En 1899 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e en xullo de 1904 abriu unha farmacia en Ourense. Curmán do médico Manuel Fábrega Coello, executado.
Membro do Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García e líder deste partido en Ourense desde 1930.
O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.
Elixírono alcalde de Ourense o día 16/04/1931, dimitiu aos catro días para encargarse da Comisión Xestora da Deputación Provincial. Deputado por Ourense nas Cortes Constituíntes de 1931. Non se presentou ás eleccións de 1933. En 1934 rechazou seguir ao fronte da Deputación cando non se renovaron outros cargos de compañeiros.
O día 25/06/1934, por mor de diferenzas co PRR, ingresou como militante de base en Unión Republicana (UR) e deixou a actividade política.
Encarcerado. Sancionado.
Detido o día 37/10/1937 por orde do gobernador civil, o tenente coronel de Infantería Luis Soto Rodríguez.
Preso oito meses na Prisión Provincial de Ourense.
Sufriu unha forte sanción económica e o embargo de bens.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.