Nacemento:
Morte:
Zapateiro, escritor e político, 63 anos. Veciño de Santiago de Compostela. Aprendiz de zapateiro. Aos vinte anos emigrou á Arxentina, volveu en 1902 e estableceuse como zapateiro en Santiago de Compostela.
Membro da masonería.
O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.
Presidente do Comité Local compostelá do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). Colaborou na redacción do proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Elixido concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR). Presidente do Centro Republicano de Santiago de Compostela entre 1920 e 1930. Novamente concelleiro e nomeado 2º tenente de alcalde na corporación de 1932 polo PRRS. Tamén concelleiro na corporación de 1935. Retirouse da vida pública no ano 1935 e, logo, volveu ser concelleiro en 1936 por Unión Republicana (UR); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Santiago de Compostela de 1936, entre outras persoas, a: Andrés Suárez Rodríguez, encarcerado; Juan Brañas Cancelo, sancionado; José Toba Fernández, sancionado; Juan López Durá, exiliado; Ángel Casal Gosende (alcalde), asasinado; José Germán Fernández, asasinado; Sebastián González García, exiliado; Manuel Maza Cardama, encarcerado; Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.
Encarcerado.
Detido e procesado por masón, pasou 33 meses no cárcere.
No ano 1941 volveron condenalo a 12 anos e un día de prisión na aplicación da Ley para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Pasou polos centros penitenciarios de Puerto de Santa María (Cádiz), Burgos, Toledo e Lugo, de onde saíu en liberdade no ano 1944.
Escribiu, entre outros libros, O fidalgo, obra costumista de crítica do caciquismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.