Nacemento:
Morte:
Médico, veterinario e político, 42 anos. Casou no ano 1920 con Matilde Caamaño Pato; tiveron dúas fillas e un fillo: Matulas, Milocha e Amancio. Veciños de Pontevedra xa en 1922. Licenciado en Medicina e Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Médico cirurxán e director do Hospital Provincial de Pontevedra. Tamén era propietario desde xuño de 1932 dunha clínica privada, o Sanatorio do Doutor Caamaño. Profesor do Colexio X.
Presidente da Xunta Directiva do Centro Republicano de Pontevedra no ano 1930 e ata xuño de 1931.
Foi correspondente na cidade do Lérez de El Progreso e fundou e dirixiu o xornal Clarín de Pontevedra.
Fundou cuns amigos a loxa Libredón nº 6 en Santiago de Compostela e militou tamén na Helenes nº 7.
O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos no coñecido como Pacto de Lestrobe e no que se acordou, entre as persoas reunidas na asemblea, a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.
Membro da Comisión Xestora da Deputación de Pontevedra e presidente desde o 25/05/1931 ata agosto de 1932. Candidato a deputado polo Partido Republicano Galego (PRG) en 1933, non obtivo acta. Despois de ingresar en Esquerda Republicana (ER), designárono gobernador civil de Pontevedra ata febreiro de 1936, despois de abandonar ER por non estar de acordo coa formación da Fronte Popular (FP).
Foi o principal doador pontevedrés para as vítimas da Revolución do Principado de Asturias de outubro de 1934. Colaborador do Socorro Rojo Internacional (SRI). Presidente da sociedade Recreo de Artesáns de Pontevedra.
Depurado. Executado. Sancionado.
Ao producirse o golpe de Estado prendérono o día 24/07/1936 e recluírono na cadea que se establecera na Escola Normal desta cidade.
Destituído da súa praza de médico.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo o día 30/10/1936 en Pontevedra polo delito de traizón á patria, na causa 284/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Xulgárono os fascistas con Modesto-David Pérez Estévez.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilárono con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.
Nesta acción asasinaron: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.
O seu sanatorio e os bens embargáronllos; restituíronllos á súa familia nos anos corenta despois dun longo proceso xudicial.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.