← Volver atrás

Santiso Girón, Laureano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 07/09/1981 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xornalista e político, 37 anos. Casou con Consuelo Martínez Lamas; tiveron unha filla: Matilde. Veciños de Santiago de Compostela.

Centrista, próximo ao Partido de Centro de Manuel Portela Valladares. Máis tarde militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS).

Membro da masonería na loxa Libredón.

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Correspondente de El Pueblo Gallego en Santiago de Compostela.

Concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR) e nomeado procurador síndico. Novamente concelleiro e síndico na corporación de 1932 polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). Deputado provincial.

Nomeado gobernador civil de Salamanca, por Manuel Portela Valladares, do día 21/12/1935 ata o día 22/02/1936.

Nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse na Coruña pola candidatura do Partido Republicano de Centro (PRC), de Portela Valladares, pero non obtivo acta. Representou a este partido no Comité Central da Autonomía.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe rebelde agochouse pero localizárono e arrestárono forzas policiais nunha casa da Uceira, San Cristovo do Eixo, Santiago de Compostela, o día 17/09/1937.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polas súas actividades políticas, na causa 1359/37, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

En 1943 prendérono de novo e encarcerárono na Prisión Central de Burgos.

Volveu exercer a avogacía en Santiago de Compostela a partir de 1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.