Nacemento:
Morte:
Catedrático, xurista e político, 31 anos. Casou na Coruña con Isabel Fernández-España Vigil; tiveron unha filla: Isabel. Licenciado en Dereito pola Universidade de Granada, con 19 anos. En 1927 aprobou as oposicións a catedrático. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Sufriu represión durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja cando a maioría dos profesores universitarios se enfrontaron ao réxime.
Pertencente á masonería desde 1927. Integrouse nos círculos republicanos galegos.
O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.
A finais de 1930 trasladouse á Universidade de Salamanca e no 1931 era catedrático de Dereito Político na Universidade de Granada.
Ao proclamarse a II República nomeárono gobernador civil da Coruña de abril a xuño de 1931. Incorporouse a Acción Republicana (AR) e despois a Esquerda Republicana (ER). En 1932 era gobernador civil de Cádiz e en 1933 de Sevilla. Nese ano 1933 exerceu de director xeral de Administración Local. Despois deixou a política e ocupou a súa cátedra de Granada, sendo ademais asesor xurídico do Concello de Granada.
Executado.
Cando se produce o golpe rebelde arrestárono o día 03/08/1936 baixo a acusación de esconder armas na Casa do Concello. Pola súa amizade con el, puxérono baixo o control do capitán sublevado e falanxista José-María Nestares Cuéllar.
Ingresárono no cárcere de Granada o día 24/08/1936 co engano de que vería á súa familia.
Xulgado sumariamente e fusilado no cemiterio de San José, con outros 37 presos. Executárono de madrugada soldados de Artillería.
A súa muller e a súa filla volveron para Galicia, na pobreza, a vivir cun irmán de Isabel.
A súa familia sufriría un expediente de incautación de bens (11/09/1936), un expediente de responsabilidades políticas (15/11/1941) e outro por pertenza á masonería (23/05/1942).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.