Nacemento:
Morte:
Casou na Coruña co xurista e político Joaquín García Labella; tiveron unha filla: Isabel. Joaquín pertencía á masonería desde 1927 e integrouse nos círculos republicanos galegos, participando no Pacto de Lestrobe.
A finais de 1930 o seu home trasladouse á Universidade de Salamanca e no 1931 era catedrático de Dereito Político na Universidade de Granada.
Ao proclamarse a II República, García Labella sería gobernador civil da Coruña de abril a xuño de 1931, incorporouse a Acción Republicana (AR) e despois a Esquerda Republicana (ER). En 1932 era gobernador civil de Cádiz e en 1933 de Sevilla. Nese ano 1933 nomeárono director xeral de Administración Local. Despois deixou a política e ocupou a súa cátedra de Granada, sendo ademais asesor legal do concello.
Sancionada.
Ao seu home levárono ao cárcere de Granada o día 24/08/1936 co engano de ir ver a súa familia; xulgárono sumariamente e fusilárono no cemiterio de San José, con outros 37 presos.
Isabel e a súa filla volveron para Galicia, na pobreza, a vivir cun irmán de Isabel.
Despois da morte do seu compañeiro sufriu un expediente de incautación de bens (11/09/1936), un expediente de responsabilidades políticas (15/11/1941) e outro por pertenza á masonería (23/05/1942).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.