← Volver atrás

Nestares Cuéllar, José-María

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Granada
- 19/05/1977 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 36 anos. Casado; tiñan oito fillos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1915. Participou nas campañas da Guerra de Marrocos como tenente desde 1919. Acadou o grao de capitán en 1927 e destinárono ao mando da 5ª Bandeira do Terzo da Lexión.

Falanxista, Camisa Vella.

Desde 1934 e ata comezos de 1936 foi o xefe do Corpo de Seguridade e Asalto en Granada; destituíuno o Goberno republicano despois dos disturbios do día 10/03/1936.

Golpista.

Implicado na sublevación militar en Granada do día 20/07/1936, cando os rebeldes se fixeron co control do Goberno Civil e o nomearon delegado de Orde Pública.

Desenvolveu unha cruenta represión na cidade nazarí, con 582 persoas executadas (segundo Hugh Thomas) só no mes de agosto de 1936 nas tapias do cemiterio de San José de Granada. Ingresábanos no cárcere encuberto de La Colonia e logo asasinábanos.

Desenvolvía o mando da súa propia escuadra de represión, as chamadas Patrullas Volantes, con sede en Víznar (Granada), onde Nestares comandante da 1ª Bandeira de Falanxe de Granada.

Foi un dos responsables, segundo as testemuñas, da morte de máis de 2000 persoas que simpatizaban coa II República.

Entre outros delitos, ordenou o asasinato de Federico García Lorca e a do catedrático da Universidade de Granada, o galego Joaquín García Labella.

Participou na guerra civil cos rebeldes desde finais de 1937 na fronte de Badaxoz e acadou o grao de tenente coronel en 1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha