← Volver atrás

Carrasco Duaso, Dámaso-Luis-Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
- 16/01/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista, fotógrafo, consignatario e político, 29 anos. Casado con María-Josefa Valdés; tiveron dúas fillas e dous fillos: María-José, Dámaso, Pika e Julio. A finais dos anos vinte incorporouse ao negocio familiar de consignación de buques.

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos no coñecido como Pacto de Lestrobe, no que se acordou, entre as persoas reunidas na asemblea, a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Correspondente de El Pueblo Gallego en Vilagarcía de Arousa.

Presidente da Irmandade Galeguista na súa localidade.

En 1934 era concelleiro de Vilagarcía de Arousa polo Partido Galeguista (PG). Participou nos mitins da Fronte Popular (FP) para as eleccións de febreiro de 1936.

Encarcerado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar seguía a traballar no negocio consignatario da familia.

Arrestárono os fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/01/1937 polo delito de auxilio á rebelión, con outros republicanos da súa vila, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.

No mesmo procedemento xulgaron a: Manuel Abalo Lamas, peón; Luis Bouza-Brey Trillo, avogado e escritor; José Caneda Blanco, labrego; Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso, xornalista; Rogelio Diz Fuentes, labrego Luis Diz Reimúndez, Labrego; Luis Doeste Mariño, canteiro; Laureano Fernández Caamaño; Manuel Fernández Oubiña, labrego; José-Manuel García González, zapateiro; Eugenio Lamas Bugallo, canteiro; Antonio Názara Pesado, mariñeiro; Aurelio Parejo González, empregado; Germán Quintela Novoa, médico; Manuel Rey Urcera, labrego; Daniel Robado Castro, empregado; Tomás Romero Vidal, labrego; Manuel Teira López, estudante; José-Manuel Urcera Barros, xornaleiro; José Vidal Bugallo, panadeiro, e Salvador Vidal Fontán, metalúrxico.

Internárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Puxérono en liberdade en agosto de 1939 por conmutación da pena.

Sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas.

No ano 1948 condenárono a dous anos de prisión menor por estar vencellado á Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.