← Volver atrás

Suárez Rodríguez, Andrés

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
- 01/01/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 46 anos. Casado con Carmen Rivas Sanmartín; tiveron catro fillas e catro fillos: Concepción, Teresa, Maruja, Ramón, Andrés, Luis, Manuel e Carmen. Veciños de Santiago de Compostela.

Republicano.

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR), do que foi tesoureiro. Novamente concelleiro e nomeado 6º tenente de alcalde na corporación de 1932 polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS); cesado en 1934. Concelleiro en 1936 por Unión Republicana (UR), da que era secretario da Agrupación Local desde febreiro de 1935 e presidente desde xaneiro de 1936; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Santiago de Compostela de 1936, entre outras persoas, a: Jesús San Luis Romero, encarcerado; Juan Brañas Cancelo, sancionado; José Toba Fernández, sancionado; Juan López Durá, exiliado; Ángel Casal Gosende (alcalde), asasinado; José Germán Fernández, asasinado; Sebastián González García, exiliado; Manuel Maza Cardama, encarcerado; Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.

Encarcerado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar prendérono, encarcerárono e procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo por pertencer á masonería.

Tamén o procesaron no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1945.

No mes de maio de 1945 multárono con 500 pesetas por escándalo e palabras hostís contra do Réxime.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.