Nacemento:
Morte:
Avogado, profesor universitario e político, 26 anos. Volveu moi novo de Cuba e viviu en Santiago de Compostela (A Coruña). Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e exercía de profesor auxiliar de Dereito Administrativo nesta universidade en 1936. Irmán de Mario López Durá, depurado.
Membro do Seminario de Estudos Galegos.
Concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de febreiro de 1936 polo Partido Galeguista (PG), dentro da Fronte Popular (FP) e nomeado 1º síndico. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Santiago de Compostela de 1936, entre outras persoas, a: Jesús San Luis Romero, encarcerado; Juan Brañas Cancelo, sancionado; José Toba Fernández, sancionado; Andrés Suárez Rodríguez, encarcerado; Ángel Casal Gosende (alcalde), asasinado; José Germán Fernández, asasinado; Sebastián González García, exiliado; Manuel Maza Cardama, encarcerado; Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.
Depurado. Exiliado.
Incorporado ao exército republicano durante a guerra civil.
Sancionado coa separación definitiva do servizo polos franquistas.
Ao rematar a contenda pasa a Francia en 1939 e despois exíliase en México, onde se desenvolveu como profesor universitario de Dereito. Chegou a Veracruz no Ipanema o día 13/07/1939.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941 e no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.