← Volver atrás

Germán Fernández, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ribadavia
(Ourense)
- 05/02/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 03/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 50 anos. Casou con Teresa Sánchez. Veciños de Santiago de Compostela. Suboficial de Infantería xubilado pola Lei Azaña.

Membro da UXT e afiliado na Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela. Elixido concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1936 polo Centro Republicano Federal de Esquerda Republicana (ER), do que era dirixente, e nomeado 1º tenente de alcalde, chegando a exercer de alcalde accidental os días 18 e 19 de xullo. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado pola ausencia de Ángel Casal Gosende.

Tiña como compañeiros de corporación en 1936 en Santiago de Compostela, entre outras persoas, a: Jesús San Luis Romero, encarcerado; Juan Brañas Cancelo, sancionado; José Toba Fernández, sancionado; Juan López Durá, exiliado; Ángel Casal Gosende (o alcalde), asasinado; Andrés Suárez Rodríguez, encarcerado; Sebastián González García, exiliado; Manuel Maza Cardama, encarcerado; Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.

Executado.

Formou parte do Comité Executivo de Defensa da República, que presidiu Fernando Barcia Beiras.

Prendeuno aos poucos días a Garda Civil e ingresárono na Falcona, no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

Xulgado o día 19/11/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de traizón, na causa 231/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Xuízo contra os 12 membros do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP) en Santiago de Compostela.

O tribunal condenou neste caso á pena de morte a: Fernando Barcia Beiras, José-Eduardo Carnero Valenzuela, Rafael Frade Peña, José Germán Fernández, Luis Martínez Nouche, Manuel Maroño Calvo, Rafael Pardo Carmona, Modesto Pasín Noya, Francisco Ponte Ces e Luis Rastrollo González; castigaron a cadea perpetua a: Jesús-Juan Lema Lema, Marcial Pérez Martínez e Jesús Vieiro Gómez.

Fusilado en Boisaca.

Morte rexistrada no cemiterio de Boisaca a causa de hemorraxia interna por fusilamento.

Nesta operación represora executaron a: Fernando Domínguez Caamaño, funcionario; Rafael Frade Peña, estudante; José Germán Fernández, político; José Maroño Calvo, tipógrafo; Manuel Maroño Calvo, tipógrafo; Luis Martínez Nouche, funcionario; Rafael Pardo Carmona, mestre; Modesto Pasín Noya, pintor; Francisco Ponte Ces, zapateiro, e Luis Rastrollo González, mestre.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.