Nacemento:
Morte:
Tipógrafo, sindicalista e político, 28 anos. Veciño da rúa dos Basquiños, 19-2º, en Santiago de Compostela. Irmán de Manuel Maroño Calvo, executado o mesmo dia ca el. Tipógrafo na imprenta do xornal El Compostelano.
Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) e da UXT de Santiago de Compostela.
Executado.
Cando o golpe de Estado formou parte do Comité de Defensa da República na capital compostelá na representación das XXSS.
Detido o día 30/08/1936 polos franquistas e conducírono aos calabozos da Falcona, no Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela.
Xulgado o día 19/11/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de traizón, na causa 231/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Xuízo contra os 12 membros do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP) en Santiago de Compostela.
O tribunal condenou neste caso á pena de morte a: Fernando Barcia Beiras, José-Eduardo Carnero Valenzuela, Rafael Frade Peña, José Germán Fernández, Luis Martínez Nouche, Manuel Maroño Calvo, Rafael Pardo Carmona, Modesto Pasín Noya, Francisco Ponte Ces e Luis Rastrollo González; castigaron a cadea perpetua a: Jesús-Juan Lema Lema, Marcial Pérez Martínez e Jesús Vieiro Gómez.
Fusilárono os franquistas preto do cemiterio de Boisaca co seu irmán Manuel.
Nesta operación represora fusilaron a: Fernando Domínguez Caamaño, funcionario; Rafael Frade Peña, estudante; José Germán Fernández, político; José Maroño Calvo, tipógrafo; Manuel Maroño Calvo, tipógrafo; Luis Martínez Nouche, funcionario; Rafael Pardo Carmona, mestre; Modesto Pasín Noya, pintor; Francisco Ponte Ces, zapateiro, e Luis Rastrollo González, mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.