← Volver atrás

Frade Peña, Rafael

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 19/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 03/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Estudante e político, 22 anos. Veciño da rúa do Hórreo, 55-1º, en Santiago de Compostela.

Militante de Unión Republicana (UR) na cidade compostelá, da que o nomearon secretario xeral en xullo de 1936.

Executado.

Cando se produce a sublevación militar representou a UR no Comité de Defensa da República en Santiago de Compostela.

No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República, que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.

Arrestárono os franquistas.

Xulgado o día 19/11/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de traizón, na causa 231/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Xuízo contra os 12 membros do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP) en Santiago de Compostela.

O tribunal condenou neste caso á pena de morte a: Fernando Barcia Beiras, José-Eduardo Carnero Valenzuela, Rafael Frade Peña, José Germán Fernández, Luis Martínez Nouche, Manuel Maroño Calvo, Rafael Pardo Carmona, Modesto Pasín Noya, Francisco Ponte Ces e Luis Rastrollo González; castigaron a cadea perpetua a: Jesús-Juan Lema Lema, Marcial Pérez Martínez e Jesús Vieiro Gómez.

Fusilado no cemiterio de Boisaca.

Nesta operación represora fusilaron a: Fernando Domínguez Caamaño, funcionario; Rafael Frade Peña, estudante; José Germán Fernández, político; José Maroño Calvo, tipógrafo; Manuel Maroño Calvo, tipógrafo; Luis Martínez Nouche, funcionario; Rafael Pardo Carmona, mestre; Modesto Pasín Noya, pintor; Francisco Ponte Ces, zapateiro, e Luis Rastrollo González, mestre.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.