Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, sindicalista e político, 38 anos. Casou na cidade compostelá en 1928 con Rosalía Míguez. Veciños de Santiago de Compostela. O seu pai, Nicolás Pardo Cernadas, fora un dos fundadores do PSOE de Santiago de Compostela. Irmán de Manuel Pardo Corredoira, paseado, e de Santiago Pardo Corredoira, procesado.
Elixírono concelleiro en abril de 1924 na súa cidade durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, pero non aceptou o cargo.
Desde os anos vinte era militante da CNT e do Sindicato de Carpinteiros de Santiago de Compostela, do que o nomearon presidente en xaneiro de 1926. Logo militou no Partido Sindicalista (PS), do que foi vicesecretario en 1935 e que o propuxo para alcalde.
Encarcerado.
No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.
Preso gobernativo no campo de concentración de Santa María de Iria Flavia, Padrón (A Coruña).
Despois da súa liberación permanece na CNT na clandestinidade. Cando se produce a caída da CNT en marzo de 1947 foxe e escondeuse ata maio de 1949, mes no que o prenderon o día 3 nunha horta da rúa da Angustia, en Santiago de Compostela, e condenárono a cinco anos de prisión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.