← Volver atrás

Míguez, Rosalía

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou na cidade compostelá en 1928 co carpinteiro, sindicalista e político Domingo Pardo Corredoira, Cernadas. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña).

O seu home desde os anos vinte era militante da CNT e do Sindicato de Carpinteiros de Santiago de Compostela, do que o nomearon presidente en xaneiro de 1926; logo militou no Partido Sindicalista (PS), do que foi vicesecretario en 1935 e que o propuxo para alcalde.

Vítima colateral.

No momento de producirse o alzamento golpista Domingo pertenceu ao Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar en Santiago de Compostela; os golpistas internárono no campo de concentración de Santa María de Iria Flavia, Padrón (A Coruña).

Despois da súa liberación Domingo Pardo permanece na CNT na clandestinidade; cando se produce a caída da CNT, en marzo de 1947, foxe e escondeuse ata maio de 1949, mes no que o prenderon o día 3 nunha horta da rúa da Angustia, en Santiago de Compostela, e condenárono a cinco anos de prisión.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha